A.K.A. I-D-I-O-T é un EP da banda sueca de garage punk The Hives, editado o 13 de marzo de 1998 polo selo Burning Heart.

A canción "A.K.A. I-D-I-O-T" foi editada inicialmente como segundo tema do primeiro álbum de The Hives, Barely Legal. O EP lanzouse novamente no recompilatorio Your New Favourite Band, aínda que non enteiro, cos temas "Outsmarted", "Untutored Youth" e "Mad Man". "Numbers" é unha versión de The Adicts.

Listaxe de cancións

Categoría:EPs musicais de 1998 Categoría:EPs de Burning Heart Records