Kevin David Mitnick, nado en Van Nuys (California) o 6 de agosto de 1963 e finado en Pittsburgh o 16 de xullo de 2023, foi un cracker estadounidense, que iniciou a súa carreira en 1980, cando só tiña 16 anos e conseguiu romper a seguridade do sistema informático do seu instituto.

Traxectoria Nos anos 80 e a principios dos 90 fíxose famoso por realizar continuas invasións en ordenadores de universidades, empresas de informática e telecomunicacións, a NASA e mesmo o Departamento de Defensa dos EUA, conseguindo acceder a valiosa información confidencial.

As súas fazañas custaron moitos millóns de dólares ao Goberno dos Estados Unidos. Por este motivo, a súa foto chegou a estar na lista dos delincuentes máis buscados polo FBI, que o perseguiron durante tres anos ata que o detiveron en 1995.

Tras cumprir a condena no cárcere, foi posto en liberdade en xaneiro do 2000. Mitnik tivo dende aquela absolutamente prohibido o uso de ordenadores, teléfonos móbiles, televisores ou calquera equipo electrónico capaz de conectarse a Internet. Adicouse a impartir conferencias e seminarios sobre Seguridade Informática.

Notas

Ligazóns externas Mitnick Security Consulting. Empresa de Kevin Mitnick

Categoría:Hackers Categoría:Nados en California Categoría:Nados en 1963 Categoría:Finados en 2023