Fukd ID #3 é o EP de estrea da banda estadounidense de post-punk revival Interpol, editado o 11 de decembro do 2000 polo selo Chemikal Underground. Trátase dunha rareza e dun obxecto moi buscado polos seareiros, xa que orixinalmente só se lanzaron 1.000 copias e está descatalogado. No EP inclúense algunhas das primeiras gravacións da banda, feitas todas elas nun gravador de 8 pistas. "PDA", "Roland" e "5" graváronse no ano 1998, mentres que "Precipitate" o ano seguinte.
O tema "5" foi titulado orixinalmente "Get the Girls", e foi editado con anterioridade nunha cinta demo da banda, xunto con "PDA" e "Roland".
Listaxe de cancións
Categoría:EPs musicais de 2000 Categoría:EPs de Interpol