O THW Kiel é un equipo de balonmán da cidade de Kiel, no estado de Slesvig-Holstein (Alemaña). Actualmente o THW Kiel compite na Handball-Bundesliga, a máxima categoría do balonmán alemán, competición que gañou en 20 ocasións, sendo o equipo alemán que máis títulos de liga posúe.
A nivel internacional, gañou diferentes competicións, destacando as Copas de Europa gañadas no 2007, no 2010 e 2012 (a pesar de perder as finais dos anos 2000, 2008 e 2009). Tamén gañou tres Copas EHF (1998, 2002 e 2004) e unha Supercopa de Europa no 2007.
Palmarés Títulos internacionais 3 Copas de Europa: 2007, 2010, 2012 3 Copas EHF: 1998, 2002, 2004 1 Supercopa de Europa: 2007 1 IHF Super Globe: 2011
Títulos nacionais 20 Handball-Bundesliga: 1957, 1962, 1963, 1994, 1995, 1996, 1998, 1999, 2000, 2002, 2005, 2006, 2007, 2008, 2009, 2010, 2012, 2013, 2014, 2015 9 Copas de Alemaña: 1998, 1999, 2000, 2007, 2008, 2009, 2011, 2012, 2013 9 Supercopa de Alemaña: 1995, 1998, 2005, 2007, 2008, 2011, 2012, 2014, 2015
Cadro da tempada 2015-2016 NºNomeIdadeEstaturaNacionalidadePosición1Niklas Landin Jacobsen272,00Porteiro4Domagoj Duvnjak271,98Central5Torsten Jansen391,85Extremo esquerdo6Rogério Moraes Ferreira211,94Pivote7René Toft Hansen 13px312,00Pivote9Erlend Mamelund311,97Lateral esquerdo11Christian Sprenger321,90Extremo dereito12Dominik Plaue201,96Porteiro13Steffen Weinhold291,91Extremo dereito15Christian Dissinger292,02Lateral esquerdo17Patrick Wiencek262,00Pivote18Niclas Ekberg271,91Extremo dereito19Igor Anic281,96Pivote21Joan Cañellas291,98Central23Rune Dahmke221,90Extremo esquerdo25Alexander Williams191,87Lateral esquerdo29Nikolas Katsigiannis331,97Porteiro33Dominik Klein321,90Extremo esquerdo41Marko Vujin312,01Lateral esquerdo55Dragoș Oprea331,90Extremo esquerdo
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio oficial do THW Kiel
Kiel