Os Mutantes é unha banda brasileira de rock psicodélico formada durante o Tropicalismo no ano 1966, en São Paulo, por Arnaldo Baptista (baixo, teclado, voces), Rita Lee (voces) e Sérgio Dias (guitarra, baixo, vocs). Tamén participaron do grupo Liminha (baixista) e Dinho Leme (batería).
A banda é considerada un dos principais grupos do rock brasileiro. Alén do innovador uso de feedback, distorsión e trucos de estudio de todos os tipos, Os Mutantes foron os pioneiros na mestura do rock and roll con elementos musicais e temáticos brasileiros. Outra característica do grupo era a irreverencia. Se antes dos Mutantes, o xénero no Brasil era basicamente imitativo, a partir do pioneirismo de Arnaldo, Sérgio e Rita, abriuse o camiño do hibridismo.
Os Mutantes iniciou as súas actividades en 1966 como un trío, cando se presentaron nun programa de TV Record, e separouse en 1978, quedando só Sérgio Dias como integrante orixinal. Ao longo destes doce anos, gravaron nove álbums (dous deles editados na décadas dos 90). Nesa década a banda foi recoñecida no escenario do rock nacional e internacional pola súa importancia como un dos grupos máis creativos, dinámicos, radicais e talentosos da era psicodélica e da historia da música brasileira e mundial.
A banda reuniuse no ano 2006 para a realización dunha xira, e no ano 2010 realizou un concerto en Vigo no festival Vigo Transforma.
Discografía Álbums de estudio Os Mutantes - 1968 (Polydor) Mutantes - 1969 (Polydor) A Divina Comédia ou Ando Meio Desligado - 1970 (Polydor) Jardim Elétrico - 1971 (Polydor) Mutantes e Seus Cometas no País do Baurets - 1972 (Polydor) Tudo Foi Feito Pelo Sol - 1974 (Som Livre) O A e o Z(1992; gravado en 1973) Tecnicolor (2000; gravado en 1970) Haih or Amortecedor (2009)
Álbums ao vivo Mutantes Ao Vivo (1976) Mutantes Ao Vivo - Barbican Theatre, Londres 2006 (2006)
EP A Voz do Morto/Baby/Marcianita/Saudosismo (1968; con Caetano Veloso) Fuga nº II/Adeus, Maria Fulô/Dois Mil e Um/Bat Macumba (1969) Hey Boy/Desculpe Babe/Ando Meio Desligado/Preciso Urgentemente Encontrar Um Amigo (1970) Cavaleiros Negros/Tudo Bem/Balada do Amigo (1976)
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de rock psicodélico Categoría:Grupos musicais de tropicalismo Categoría:Grupos musicais de rock progresivo Categoría:Grupos musicais de rock experimental Categoría:Grupos musicais do Brasil Categoría:Grupos musicais formados en 1966