A Sociedad Deportiva Cultural San Antonio é un club polideportivo da cidade de Pamplona (Navarra). A sección de balonmán é a que máis éxitos lle dou ao club, aínda que conta tamén con seccións de hóckey a patíns e patinaxe de velocidade. Historia O 1 de novembro de 1955, Andoni Santamaría funda a Asociación de Antiguos Alumnos de la Escolanía de San Antonio, Juventud de San Antonio máis tarde.

O padre Isidro Ansorena encargouse de poñer en marcha a primeira das disciplinas deportivas coas que contou o club, o hóckey a patíns. O equipo de balonmán nacería da man de Gabriel Villanueva ao ano seguinte.

Moitos dos integrantes do equipo de hóckey a patíns practicaban tamén outras disciplinas co que a sociedade comezou a medrar e apareceu a sección de patinaxe de velocidade.

Seccións AMAYA Sport San Antonio (balonmán) Gráficas Ona San Antonio (hóckey a patíns) SDC San Antonio (patinaxe de velocidade)

Presidentes 1955-1960: Andoni Santamaría Ilundain. 1960-1961: Gabriel Villanueva Zuazu. 1961-1961: Jesús María Echarri. 1962-1963: Martín Mancho Uriz. 1964-1695: Tomás Antón Allí. 1966: Miguel Ángel Muniain Ezcurra. 1967-1968: Jesús Marco Alcocer. 1968: José Antonio Fillat Olivar e Fernando Aznárez Rodríguez. 1970-1974: Julio Sánchez Vázquez. 1974-1975: Narciso Inda Albéniz. 1976-1979: Miguel Ángel Manso Pérez. 1979-1982: Patxi Bravo Aramendia 1982-1984: Fermín Hurtado Pérez. 1984-1986: Víctor M. Fernández Díaz. 1996-1997: Pedro de la Rasilla Bermejo. 1993 -1996 / 1997 - 2001: Fermín Tajadura Iso. 1986-1993 / 2001- 2007 José Igancio San Miguel Caballero. 2007 - 2010 : Miguel Galarraga. 2010 - ... : Doroteo Vicente.

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio weg oficial da SDC San Antonio

Categoría:Clubs deportivos de España Categoría:Deporte en Pamplona