Un mundo de fantasía é un universo ficticio empregado nas novelas e xogos de fantasía. Os mundos típicos conteñen maxia ou elementos máxicosBrian Attebery, The Fantasy Tradition in American Literature, páx. 166-7, ISBN 0-253-35665-2, e a miúdo, temas medievais ou futuristas. Algúns mundos poden ser un universo paralelo conectado coa Terra mediante portais máxicos; unha Terra ficticia situada nun pasado ou futuro remoto; ou un mundo completamente independente localizado noutro universoJohn Grant e John Clute, The Encyclopedia of Fantasy, "Imaginary lands", páx. 495-5 ISBN 0-312-19869-8.
Moitos mundos de fantasía están amplamente baseados na historia do mundo real, na súa xeografía e socioloxía, así como na mitoloxía e o folclore.
Notas
Categoría:Ficción