miniatura|200px|O alquimista na procura da pedra filosofal de Joseph Wright, 1771. A pedra filosofal (en latín: lapis philosophorum) é unha lendaria substancia de alquimia da que se di que pode volver os metais vulgares en ouro (chrysopoeia); tamén se creu que era un elixir da vida, útil para o rexuvenecemento e posiblemente para atinxir a inmortalidade. Durante moito tempo foi o obxectivo da alquimia occidental, perseguida por alquimistas como Isaac Newton, Nicolas Flamel ou Frater Albertus.

Categoría:Alquimia Categoría:Substancias mitolóxicas