César Sánchez Domínguez, coñecido como César, nado en Coria (Cáceres) o 9 de setembro de 1971, é un exfutbolista español. Xogaba de porteiro e o foi internacional coa selección española.

Traxectoria Formouse na Unión Polideportiva Plasencia en terceira división, da cal ficharía polo Real Valladolid. Debutou en primeira división xogando co Real Valladolid no partido Valladolid-Barcelona (0-6) o 24 de maio do 1992. En ano 1999 fichou polo Real Madrid aínda que non foi ata o ano 2000 cando xogou co club madridista, xa que se decidiu que permanecese un ano máis no Real Valladolid. Nos seus dúas primeiras tempadas no Real Madrid, Vicente del Bosque decidiu outorgarlle a titularidade no último mes de competición, en detrimento de Iker Casillas. Aínda que os seus partidos como titular finalizaron ao final desta Segunda campaña, na final da Liga de Campións de Glasgow, cando Iker Casillas tivo que substituírlle por lesión, completando o de Móstoles unha grande actuación que significaría finalmente a vitoria branca. A partir deste momento César só disputaría de forma continua partidos de Copa do Rei.

As súas grandes citas foron a disputa de dous finais de Copa do Rei, títulos que o Real Madrid non puido gañar. A pesar diso conseguiu títulos tanto a nivel nacional como internacional (2 Ligas Españolas, 1 Liga de Campións, 1 Copa Intercontinental, 2 Supercopas de España, 1 Supercopa de Europa). En 2005 ficha polo Real Zaragoza no que permanece ata o 2008, ano no que o club maño termina descendendo a Segunda División. Entón ficha polo Tottenham Hotspur inglés. A principios do 2009 ficha polo Valencia CF para suplir a baixa do lesionado Renan Brito.

Ao final da tempada o conxunto ché renóvalle o seu contrato ata o 30 de xuño de 2010 tras o gran nivel mostrado. En maio do 2010 renóvaselle por outra tempada máis.

Palmarés Campionatos nacionais

TítuloClubPaísAnoLiga españolaReal MadridEspaña2000 - 2001Supercopa de EspañaReal MadridEspaña2001Liga españolaReal MadridEspaña2002 - 2003Supercopa de EspañaReal MadridEspaña2003

Campionatos internacionais

TítuloClubPaísAnoLiga de Campións da UEFA Real MadridEspaña2001 - 2002Supercopa de EuropaReal MadridEspaña2002Copa IntercontinentalReal MadridEspaña2002

Véxase tamén Ligazóns externas Vídeo Entrevista a César Sánchez no seu debut Entrevista a César Sánchez Ficha de César Sánchez no sitio do Valencia Club de Fans de César

Categoría:Nados en 1971 Categoría:Nados en Coria Categoría:Futbolistas de Estremadura Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores do Real Zaragoza Categoría:Xogadores do Tottenham Hotspur FC Categoría:Xogadores do Valencia CF Categoría:Xogadores do Villarreal CF Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA