El 33 (anteriormente coñecido como Canal 33) é a segunda canle de Televisió de Catalunya, a emisora pública de Cataluña. Comezou a emitir o 10 de setembro de 1989 e ofrece unha programación de marcado carácter cultural.
Naceu para complementar a programación de TV3, e desde setembro de 2010 é unha canle temática cultural, xa que o bloque deportivo pasou á nova canle Esport 3. En 2001 perdeu a programación infantil e xuvenil, que pasou ao K3, actualmente Canal Super3 e 3XL.
Desde o 23 de abril de 2001 ao 12 de febreiro de 2010 compartiu frecuencia no dial analóxico primeiro co K3 e logo co Canal Super3. Na TDT, El 33 emite as 24 horas do día.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web El 33
Categoría:Televisió de Catalunya Categoría:Cadeas de televisión de Cataluña Categoría:Canles de televisión en lingua catalá