A edición do ano 2006 da Liga Galega de Traiñeiras (LGT) foi a primeira tempada disputada da segunda categoría de clubs de remo xunto coa Liga ARC e xusto por debaixo da Liga ACT. Esta edición estivo formada por 14 clubs, entre os que hai que destacar a presenza do club do Eo Navia Club de Mar Castropol da localidade galego falante de Castropol (Asturias), sendo tódolos demais clubs galegos. O campión desta edición foi o Samertolameu de Meira (Moaña), aínda que non conseguiu o ascenso á máxima categoría do remo en banco fixo, a Liga ACT. A Liga constou de 15 regatas que se disputaron entre o 16 de xuño coa disputa da XX Bandeira Concello de Redondela en Chapela (Redondela), e o 27 de agosto coa disputa da última regata da Liga, a XVI Bandeira de Oleiros en Oleiros. Clubs participantes S.D. Tirán, Tirán, Moaña (Pontevedra) 20px R.C. Náutico de Vigo, Vigo (Pontevedra) 20px C.R. Chapela, Chapela, Redondela, (Pontevedra) 20px Club Regatas Perillo, Perillo, (A Coruña) 9px Amegrove C.R., O Grove (Pontevedra) 20px C.R. Ares, Ares (A Coruña) 9px C.R. A Cabana, A Cabana, Ferrol, (A Coruña) 9px C.R. Puebla, A Pobra do Caramiñal, (A Coruña) 9px Asociación Deportiva Esteirana, Esteiro, (A Coruña) 9px C.R. Vila de Cangas, Cangas de Morrazo (Pontevedra)20px C.R. Coruxo, Coruxo, Vigo (Pontevedra) 20px S.D. As Xubias, As Xuvias, A Coruña (A Coruña) 9px S.D. Samertolameu, Meira, Moaña (Pontevedra) 20px C.M. Castropol, Castropol, Eo-Navia (Asturias) 20px
Clasificación PosiciónEquipoPuntosDiferenza1 S.D. Samertolameu 196 2 Amegrove-Interrías C.R. 173 +233 C. Regatas Salgado-Perillo 163 +334 Muros - R.C. Náutico de Vigo 163 +335 S.D. Tirán 159 +376 C.R. Vila de Cangas 140 +567 C.R. Ares 110 +868 C.R. Coruxo 107 +899 C.R. A Cabana 98 +9810 A.D. Esteirana 87 +10911 C.R. Puebla 65 +13112 C.R. Chapela 60 +13613 C.M. Castropol 27 +16914 S.D. As Xubias 23 +173
CampiónS.D. Samertolameu
Véxase tamén Ligazóns externas Información da tempada na web da LGT
2006 Categoría:Deporte de Galicia sen imaxes