O punk, tamén coñecido como punk rock, é un movemento musical dentro do rock que emerxeu a mediados dos anos 1970. Con raíces no garage rock dos anos 60, as bandas punk rexeitaron os excesos do rock mainstream dos 70. Caracterízase pola súa actitude independente e de afeccionados, adoptando a ética DIY, encargándose moitos grupos de autoproducir os seus traballos, editados a través de pequenos selos independentes. Nos seus inicios, o punk era unha música moi simple e crúa, ás veces descoidada: un tipo de rock sinxelo, con melodías simples de duracións curtas, sons de guitarras amplificadas pouco controlados ou ruidosos, poucos arranxos e instrumentos, e, polo xeral, de compases e tempos rápidos.

As liñas de guitarra caracterízanse pola súa sinxeleza e a crueza do son amplificado, xeralmente creando un ambiente sonoro ruidoso ou agresivo herdado do garage rock. O baixo, polo xeral, segue só a liña do acorde e non busca adornar con oitavas nin arranxos a melodía. A batería pola súa banda leva un tempo acelerado, con ritmos sinxelos de rock. As voces varían desde expresións fortes e ata violentas ou desgarradas, expresivas caricaturas cantadas que alteran os parámetros convencionais da acción do cantante, ata formas máis melódicas e elaboradas.

Historia do punk Orixes e contexto cultural A finais dos anos 1960, unha corrente de mozos de Gran Bretaña e outros países industrializados consideraban que o rock pasara de ser un medio de expresión para os mozos, a unha mera ferramenta de mercado e escaparate para a grandilocuencia dos músicos dese entón, afastando a música da xente común. O punk xurdiu como unha mofa á rixidez dos convencionalismos que ocultaban formas de opresión social e cultural.

As características do punk rock foron precedidas polo garaxe rock, recruando máis o son forte do rock e con composicións menos profesionais, influenciados polo son da "Invasión Británica", como The Kinks, The Beatles ou The Who, e collendo elementos do son ruidoso do garaxe rock de The Stooges ou The Velvet Underground. Tamén se recollen influencias do frenético Surf rock. Estas variadas influencias coñécense agora como proto-punk. Dentro das mesmas pódese incluír tamén entre as influencias temperás a Bobby Fouler Four autor do sinxelo "I Fought the Law", que foi covereado por The Clash, e a Moderns Lovers autores de "Rooadrunner" dados os seus ritmos acelerados, non tan próximos ao punk rock posterior pero se afastado do rock convencional e típico da época, con acordes simples pero aínda sen distorsión ou volume alto.

The Ramones fixeron composicións sinxelas, cuxas acedas letras trataban temas como a anti-moda e as drogas, marcando co seu estilo unha pauta a seguir para as bandas por vir.

The Clash, unha das bandas máis populares do punk británico.A visita destes a Londres fixo que grupos xa existentes, como os Sex Pistols, comezasen a usar os seus instrumentos como medios de expresión e provocación para mostrar o seu descontento cara ao que consideraban unha sociedade de mentalidade estreita e represora.

Co tempo o xénero tomaría diferentes camiños e no seu paso evolucionaría en moitos subxéneros e recollería influencias doutros estilos musicais. Os subxéneros do punk defínense ás veces por características musicais, e noutros casos polo contido da mensaxe ou a ideoloxía que o inspira.

Tal como despois sucedería en moitos outros países, en Inglaterra pronto os grupos tomaron influencias doutros xéneros. Unha das primeiras fusións do punk foi co reggae e o ska dos inmigrantes xamaicanos no país. Como primeiro e máis representativo exemplo pódese mencionar á banda The Clash e os seus temas "Police and Thieves", "The Guns of Brixton" e "(White Man) In Hammersmith Palais". Outro xénero que pronto se fusionou co punk foi o glam rock.

Nos inicios tamén xurdiu o estilo hardcore punk, que se caracterizou por ser unha versión máis rápida da forma sucia de tocar o punk. As primeiras bandas foron Bad Brains, Middle Class e Teen Idles.

Orixe do termo 'punk' O termo inglés "punk" ten un significado despectivo que adoita variar, aplicándose a obxectos (significando "lixo") ou a persoas (significando "vago", "desprezable" ou, tamén, "lixo" e "escoura"). Utilízase de forma irónica como descrición do substrato crítico ou descontento que contén esta música. Ao utilizalo como etiqueta propia, os "punkies" (ou "punks") desmárcanse da adecuación aos roles e estereotipos sociais. Debido ao carácter deste significado, o punk a miúdo asociouse a actitudes de descoido persoal, utilizouse como medio de expresión de sentimentos de malestar e odio, e tamén deu cabida a comportamentos neuróticos ou autodestrutivos.

O termo punk utilizouse como título dunha revista fundada en 1976 en Nova York por John Holmstrom, Ged Dunn e Legs McNeil que desexaban unha revista que falase de todo o que lles gustaba: as reposicións por televisión, beber cervexa, o sexo, as hamburguesas con queixo, os cómics, as películas de serie B, e o estraño rock n' roll que soaba nos garitos máis cotrosos da cidade: Velvet Underground, Stooges e New York Dolls, entre outros.

Máis tarde o significado tamén serviría para inspirar as correntes esquerdistas do xénero, como etiqueta que desfai a condición de clase ou rol social con débedas de reputación ou aparencia.

Filosofía punk A primeira onda de punk rock foi "agresivamente moderna" e difería do que a precedía.Robb (2006), p. xi Segundo o batería dos Ramones, Tommy Ramone, "na súa forma inicial, unha morea de cousas [dos 60] eran innovadoras e excitantes. Por desgraza, o que pasa é que a xente que non podía manter unha vela como Hendrix comezaron a afastarse. Pouco despois tiñas solos interminables que ían cara ningures. Cara 1973 souben que era necesario algo puro, desposuído, non rock 'n' roll de merda".Ramone, Tommy, "Fight Club", Uncut, xaneiro de 2007 John Holmstrom, editor fundador da revista Punk, lembra a sensación de que "o punk rock tivo que aparecer porque a escena rock se volvera tan mansa que artistas como Billy Joel e Simon and Garfunkel estaban sendo chamados rock and roll, cando para min e para outros fans o rock and roll significa esta música salvaxe e rebelde". Na descrición do crítico Robert Christgau, "tamén era unha subcultura que rexeitaba con desprezo o idealismo político e a parvada californiana do flower-power do mito hippy".

A accesibilidade tecnolóxica e un espírito "faino ti mesmo" (DIY) son apreciados no punk rock. O pub rock británico de 1972-1975 axudou á aparición do punk rock desenvolvendo unha rede de pequenos locais, como pubs, onde podían tocar as bandas que non eran mainstream.Laing, Dave. One Chord Wonders: Power and Meaning in Punk Rock. PM Press, 2015. p. 18 O pub rock tamén presentou a idea dos selos discográficos independentes, como Stiff Records, que publicaban discos básicos a baixo custe. As bandas de pub rock organizaban as súas propias pequenas xiras e editaban pequenas edicións das súas gravacións. Nos primeiros días do punk rock, esta ética DIY contrastaba fortemente cos que consideraban os ostentosos efectos musicais e demandas tecnolóxicas de moitas bandas de rock mainstream.Rodel (2004), p. 237; Bennett (2001), pp. 49-50 O virtuosismo musical adoitaba a ser visto con receo. Segundo Holmstrom, o punk rock era "rock and roll de persoas que non tiñan moitas habilidades como músicos pero aínda así sentían a necesidade de expresarse a través da música". En decembro de 1976 o fanzine inglés Sideburns publicou unha (agora) famosa ilustración de tres acordes subtitulada "Este é un acorde, este é outro, este é un terceiro. Agora formemos unha banda".

O punk británico rexeitaba o rock mainstream contemporáneo, a cultura máis ampla que representaba, e aos seus predecesores musicais: "Non Elvis, Beatles ou Rolling Stones en 1977", declaraba a canción de The Clash song "1977".Harris (2004), p. 202 1976, cando a revolución punk comezou no Reino Unido, converteuse nun "ano cero" cultural e musical. Ao descartarse a nostalxia, moitos na escena adoptaron unha actitude nihilista resumida no eslogan dos Sex Pistols "No Future"; o director Derek Jarman dixo posteriormente que entre o desemprego e os disturbios sociais en 1977, "a arrogancia nihilista do punk foi a cousa máis emocionante en Inglaterra". Aínda que a "alienación autoimposta" era común entre os "punks bébedos" e os "punks de sumidoiro", había sempre tensión entre a súa visión nihilista e o "utopianismo radical de esquerdas" de bandas como Crass, que atoparon un sentido positivo e liberador no movemento.

O movemento punk deu lugar a transgresións das convencións estéticas. A forma orixinaria do punk era unha forma expresionista de transgresión, buscando liberarse dos corpiños estéticos e da opresión, da autoridade e en non estar de acordo na sociedade convencional, así como dos estigmas sociais. O punk orixinal non daba explicacións e buscaba incomodar ao establecido chocando, ofendendo e molestando, sendo sempre o "politicamente incorrecto" e o oposto ao bo gusto, a moral e a tradición. Nun primeiro momento era basicamente unha serie de actitudes de transgresión estética e musical (na vestimenta, o peiteado etc.), aparelladas a unha serie de comportamentos de desconformidade cotiá, que se foron acentuando.

Más adiante, especialmente coa aparición do hardcore punk, as demostracións neglixentes ou autodestrutivas foron perdendo protagonismo, e fíxose presente todo un abanico de enfoques con intencións máis conscientes, con énfases na crítica social e cultural, e posicionamentos políticos, asociacionismos e afinidade a campañas de protesta.

Adoitan ir asociadas ao punk algunhas ideoloxías políticas como o anarquismo, o anticapitalismo, o antimilitarismo e o antifascismo. A partir do movemento punk politizado, hai un debate constante que fai crítica aos que son afeccionados ao punk por cuestións estéticas ou musicais e deixan ao carón o enfoque social ou político.

Doutra banda, debido ao carácter transgresor e ás veces violento do punk, existiron algúns grupos que na súa música inclúen unha mensaxe ou fondo de corte ultradereitista, aínda que en xeral o movemento defínese como próximo á esquerda.

Subxéneros e estilos relacionados Como movemento creativo, o son punk deu aparición a numerosas vertentes e estilos. Moitos dos grupos movíanse dun a outro xénero, existindo diferentes niveis de permeación, evolución e fusión, podendo falarse de bandas que encaixan no perfil de máis de dous subxéneros.

Entre os seus subxéneros pódense identificar os seguintes:

Hardcore punk: Foi a primeira evolución do punk a fins dos 70s, máis extrema, máis rápida e máis agresiva. Destácanse bandas da primeira onda como Bad Brains, Teen Idles, Dead Kennedys, The Exploited ou The Casualties. Metalcore/Metal hardcore ou tamén chamado crossover: É a rama do hardcore punk que se combina co metal, acelerando este último, chegando a un ritmo rápido. Cóntanse nomes como D.R.I. ou Suicidal Tendencies. Este estilo influíu no Thrash metal (grupos como Metallica ou Anthrax). A miúdo tamén con alta harmonía e diversidade de sons. Hardcore melódico, baseado no hardcore punk, de ritmos rápidos e bases fortes de guitarra, pero con interpretacións vocais melódicas, iniciado por Bad Religion. Post-punk: Movemento máis melancólico e melódico que se caracterizou pola deceleración do ritmo, a tristeza nas letras e o loito polo punk encabezado pola frase "Punk is Dead". Está representado por bandas como Siouxsie & the Banshees, Joy Division ou Bauhaus. Non wave, movemento abstracto e música experimental de Nova York, Lydia Lunch, Glenn Branca, Sonic Youth, Birthday Party Ska-Punk: É o son do punk combinado co ska, con ritmos rápidos e uso de instrumentos como trompetas ou saxofones. Os exemplos máis significativos están en Operation Ivy a quen moitos sinalan como os pioneiros, Rancid, Skankin Pickle ou Less Than Jake, varias cancións de NOFX e Propagandhi etc.