Juan Sieiro González, nado en Maside o 2 de febreiro de 1835 e finado en Ourense o 30 de outubro de 1893, foi un filósofo e profesor galego.
Traxectoria Estudou Bacharelato no Seminario de Ourense e empezou a carreira de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e rematouna na de Madrid. Ao mesmo tempo estudou Teoloxía na Universidade Pontificia de Toledo. Gañou a cátedra de Grego no Instituto de Pontevedra, pero logo da supresión da cátedra pasou á de Filosofía no Instituto de Ourense. Alí permaneceu ata a súa morte en 1893.
Colaborou en La Ilustración Gallega y Asturiana, Las Provincias, El Eco de Orense, El Heraldo, Galicia e Las Provincias de Madrid, con artigos de crítica literaria e fundou o xornal El Alerta en Pontevedra en 1864.
Pensamento Juan Sieiro foi un dos principais representantes do krausismo en Galicia e así se reflicte na súa filosofía e no contido das súas clases.
Obras Catecismo y Filosofía, 1872. Psicología y Lógica, 1872. El latinismo en el dialecto gallego, 1879. Principios de Psicología o antropología psíquica, lógica y ética, 1882. Sociología, 1888.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Filósofos de Galicia
Categoría:Masóns de Galicia Categoría:Xornalistas de Maside Categoría:Nados en Maside Categoría:Nados en 1835 Categoría:Finados en 1893 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade Central de Madrid