Juan García García, coñecido como Juanete, nado en Madrid o 7 de novembro de 1920 e finado o 10 de agosto de 2014, foi un futbolista español, que xogaba como interior esquerdo. Desenvolveu a súa carreira entre a Primeira e a Segunda División, sumando máis de 200 partidos entre ambas categorías.
Traxectoria Tras xogar en varios clubs modestos madrileños durante a posguerra e destacar como interior esquerdo, en febreiro de 1943 fichou polo Real Madrid, que o cedeu inmediatamente ao Salamanca, da Segunda División. O equipo salmantino estaba a disputar a fase de permanencia, na que Juanete debutou nun partido ante o La Felguera. Marcou os seus dous primeiros goles no seu segundo encontro, unha goleada por 5-3 sobre a Ximnástica Lucense. Contribuíu con outro gol máis á permanencia do Salamanca en Segunda e marcou tamén ante o seu club matriz, o Real Madrid, no partido de ida dos dezaseisavos de final da Copa do Xeneralísimo, partido que acabou en derrota por 5-1.
Nas tempadas 1943/44 e 1944/45 foi cedido ao Hércules tamén de Segunda. Destacou especialmente na segunda delas, na que anotou 11 goles en 27 partidos e conseguiu o ascenso á Primeira División, formando dianteira xunto a Pina, Macala, Lahuerta e Periche.
Para a tempada 1945/46 regresou ao Real Madrid, co que debutou na primeira xornada ante o Athletic Club en Chamartín. Con todo, só xogou catro partidos co conxunto adestrado por Quincoces e en abril de 1946 saíu cedido ao Córdoba para disputar a Copa do Xeneralísimo. Debutou con dous goles ante o Castellón e acadou os cuartos de final, caendo ante o Oviedo.
No verán de 1946 asinou co Gimnàstic de Tarragona, co que marcou 14 goles en 33 partidos na súa primeira campaña, conseguindo o ascenso á Primeira División. Na seguinte tempada fixo 9 goles na máxima categoría.
Na tempada 1948/49 fichou polo Deportivo da Coruña, tamén da Primeira División. Debutou co club galego na primeira xornada ante o Alcoyano e ao longo da tempada formou nunha dianteira que completaban habitualmente Guimeráns, Franco, Marquínez e Chao. Non conseguiu ver portería nas once primeiras xornadas, acompañando unha mala xeira do equipo, que sumou oito derrotas neses primeiros partidos. A súa sorte mudou na xornada 12 ante o Celta de Vigo, na que comezou a encadear goles ata acadar os oito ao final da tempada.
A súa participación reduciuse na tempada 1949/50, na que o adestrador arxentino Alejandro Scopelli alternou no posto de interior esquerdo a Dieste, Carlitos e o propio Juanete. O club galego acadou esa tempada un histórico subcampionato de liga.
Para a tempada 1950/51 fichou polo Real Murcia, co que descendeu á Segunda División na súa primeira tempada. Militou dous anos máis no club murciano, acadando os 74 partidos oficiais. Retirouse do fútbol en 1953.
Faleceu o 10 de agosto de 2014, aos 93 anos.Fallece Juanete a los 93 años; Marca, 11 de agosto de 2014
Estatísticas ClubTempadaDivisiónLigaCopaOutrosInclúe partidos de promoción de ascenso a Primeira División, promoción de permanencia en Primeira, promoción de permanencia en Segunda División e Copa Federación. TotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesSalamanca1942/43Segunda - - 2 1 12 3143Hércules1943/44Segunda17400 - -1741944/45Segunda251021 - -2711Total club421421004415Real Madrid1945/46Primeira40-- - -40Córdoba1945/46Segunda - -82 - -82Gimnàstic1946/47Segunda241193 - -33141947/48Primeira25910 - -269Total club4920103005923Deportivo da Coruña1948/49Primeira23 6 22 - -2581949/50Primeira12020 - -140Total club3564200398Murcia1950/51Primeira23100 5 12821951/52Segunda24000 2 02601952/53Segunda17130 - -201Total club64230 5 1743Total carreira 194 42 31917 4 24255
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com
Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 2014 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores do Gimnàstic de Tarragona Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Real Murcia