O HC Vityaz (en ruso: ХК Ви́тязь) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da localidade de Podolsk, óblast de Moscova (Rusia). Compite na Kontinental Hockey League (KHL), onde se encontra encadrado na División Tarasov. Xoga os seus partidos como local no Centro de hóckey sobre xeo 2004, pavillón con capacidade para 3.300 espectadores.
Historia O equipo foi fundado orixinalmente na cidade de Podolsk en 1996, e no 2004 trasladouse á súa cidade actual. Ao ano seguinte, no 2005 conseguiu o ascenso á Superliga rusa. No 2008 foi un dos equipos que tomaron parte na primeira edición da nova competición eurasiática, a KHL, competición na que nunca conseguiu clasificarse para os play-offs.
Denominacións Vityaz Podolsk (1996–2004) Vityaz Čechov (dende o 2004)
Participacións na KHL Tempada PX V VP VPn D DP DPn GF GC Pts Clasificación Play-offs 2008-09 56 6 2 3 5 7 33 134 225 40 23º/24 Non se clasificou 2009-10 56 13 3 3 2 3 33 142 216 54 23º/24 Non se clasificou
<small> PX: Partidos xogados V: Vitorias VP: Vitorias na prórroga VPn: Vitorias nos penaltis D: Derrotas <small> DP: Derrotas na prórroga DPn: Derrotas nos penaltis Pts: Puntos GF: Goles a favor BC: Goles en contra
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio oficial do club
Chekhov Chekhov