Jonathan Mejía Ruiz, coñecido como Jona, nado o 7 de xaneiro de 1989 en Málaga, é un futbolista hondureño-español, internacional coa selección de . Xoga de dianteiro no Alcoyano, da Primeira División RFEF.

Traxectoria Comezos Nado en Málaga (Andalucía), Jonathan Mejía comezou a súa carreira no mundo fútbol na barriada de El Palo. A continuación pasou por todas as categorías inferiores do Málaga até chegar ao filial, o Atlético Malagueño. Con tan 19 anos, vaise ás filas do Lorca Deportiva (temporada 2008−2009) onde coincidiu tamén co seu irmán Antonio. O seu debut na Segunda Dvisión B foi o 26 de outubro de 2008, en Madrid, ante o Atlético de Madrid B, con vitoria lorquina 2-3, xogando Jona o últimos quince minutos do partido. O seu primeiro gol, por partida dobre, chegaría o 1 de novembro na décimo primeira xornada de liga, fronte Las Palmas Atlético. Co Lorca, Jona, xogou un total de 26 partidos, dos cales 22 foron en liga e 4 na promoción de ascenso á Segunda División. Xogou o seu último partido co conxunto murciano, o 7 de xuño de 2009, na fase de promoción de ascenso, fronte ao Villarreal B, con derrota por 2-3 fronte ao filial castellonenco, ficando eliminados playoff.

Tras finalizar campaña en terras murcianas, Jona cruza o estreito para asinar pola UD Melilla, tamén de Segunda B. O seu debut co Melilla produciuse o 2 de setembro de 2009, en partido de Copa do Rei ante o Sant Andreu. En liga o seu debut, tivo lugar o 19 de setembro na cuarta xornada de liga, con derrota 1-0 ante o Caravaca. Jona xogou un total de once partidos coa camiseta do Melilla, dos cales nove foron de liga, un de copa e un de promoción. Porén, non conseguiu facer goles. Tras finalizar a temporada asina polo Deportivo da Coruña, que o incorpora ao seu filial, sendo convocado en máis dunha ocasión polo primeiro equipo, co que debutou nun partido amigábel. O seu debut co Fabril tivo lugar o 5 de agosto de 2010, no Anxo ante o conxunto local, o Lugo. Jona comezou o partido de titular e foi substituído aos 58 minutos. O seu primeiro gol co filial deportivista chegou o 12 de decembro de 2010 fronte ao Alcalá de Henarés. Co Deportivo B xogou 28 partidos e anotou 5 goles.

Á tempada seguinte asina co Zamora CF de Segunda B. Debuta o 21 de agosto de 2011 con motivo da primeira xornada de liga fronte á SD Ponferradina. O partido finaliza con derrota para o seu equipo (1−0), xogando Jona 60 minutos de partido. O seu primeiro gol co Zamora chega na terceira xornada de liga ante a Gimnástica de Torrelavega, sendo o resultado final de 1-1. Co Zamora CF, xogou un total de 36 partidos logrando marcar 12 goles, a súa mellor marca até a data.

Contrato profesional A seguinte temporada, a 2012−13, asina co Ourense, tamén da Segunda B. O seu debut cos ourensáns sería o 29 de agosto de 2012 en partido de Copa do Rei ante o Real Ávila, onde xogou 22 minutos e conseguiu o gol da vitoria do cadro galego no minuto 77 (2-1). Co Ourense, só en 20 partidos da primeira metade da temporada na primeira volta, 18 deles en liga e 2 de copa, conseguiu a cifra de 13 goles. A súa destacábel primeira volta en Galiza, permítelle asinar un contrato profesional co Granada CF da Primeira División, equipo que o cede inmediatamente ao Vitória de Guimarães da Primeira Liga. Alí proclámase campión da Taça de Portugal ante o SL Benfica.

Para a tempada 2013−14 volta ser cedido, esta vez ao Real Jaén da Segunda División. No conxunto andaluz debutou como futbolista profesional en España. Foi o 18 de agosto de 2013, con motivo da primeira xornada, no Estadio de la Victoria de Xaén, entrando de titular e disputando o noventa minutos de partido, na derrota por 1−2 ante a SD Eibar. O seu primeiro gol en Segunda División chegou na seguinte xornada en Soria, onde o seu equipo perdería por 4−2 no Estadio de los Pajaritos ante o Numancia. Tamén ante os numantinos xogaría o seu primeiro partido de Copa do Rei co Real Jaén, conseguindo o gol que clasificou ao seu equipo aos dezaseisavos de final, onde tamén eliminaron ao Deportivo da Coruña, para caer finalmente en oitavos ante o Espanyol.

O 15 de febreiro de 2014 o Real Jaén derrotou por 3-0 ao Las Palmas con dous goles de Jona. É destacábel que na celebración do primeiro gol, Jona amosou unha camisola co lema "Ánimo pequeñines" (do castelán: Moita forza rapaciños) en apoio aos nenos enfermos de cancro. Isto produciu que a Real Federación Española de Fútbol lle impuxese unha sanción de multa de 2.000 €. Esta noticia levantou un gran balbordo, sobre todo nas redes sociais onde seareiros, familiares e amigos, amosaban o seu apoio ao xogador. Máis tarde a Federación retiraría dita sanción. Co Real Jaén en xogou un total de 43, partidos, dos cales 39 foron de liga e 4 de copa do Rei, acumulando un total de 3.526 minutos xogados e destapándose como goleador con 17 goles marcados, 16 en Liga e un en Copa. Durante esta estancia en Xaén, Jona foi chamado a xogar coa Selección de fútbol de Honduras, país de orixe do seu pai.

Asentamento en Segunda División En 2014 comeza a pretemporada co Granada coa intención de ter oportunidade de xogar na Primeira División. Con todo, finalmente é cedido ao Cádiz de Segunda B, rexeitando ofertas de clubs de maior categoría como Real Betis, o Real Valladolid, o Osasuna ou o propio Real Jaén. Jona debuta co Cádiz o 23 de agosto, do 2014, no Estadio Ramón de Carranza, ante o Betis B, entrando de titular e anotando o seu primeiro gol co equipo andaluz. no minuto 21, na vitoria cadista 2-0. O 15 de febreiro de 2015, o Cádiz impúxose por 1-0 ao Real Jaén, entrando de titular e conseguindo o gol da vitoria do conxunto cadista ante o seu ex-equipo e compañeiros. Jona non celebrou o por respecto ao seu antigo club club e pediu perdón á afección xienense desprazada até terras gaditanas. Finalmente remata a temporada con 38 partidos de liga disputados onde anota 21 goles.

Tras finalizar a temporada, o Granada CF fai oficial o seu traspaso ao Albacete na súa páxina web por máis de 400.000 euros. Con todo, anota tan só 5 goles en 29 partidos co equipo manchego. NA seguinte temporada, 2016−17, é cedido ao UCAM Murcia, equipo recentemente ascendido á Segunda División na súa primeira experiencia na categoría. Aínda que o equipo acaba por descender, Jona é durante toda a temporada un dos xogadores máis fundamentais do club, conseguindo 15 goles en 37 partidos. Porén, fallou un penalti decisivo na última xornada que podería axudar á salvación do equipo.

No verán de 2017 o Albacete traspasa a Jona ao Córdoba por uns 350.000 euros. Tras unha decepcionante primeira volta, na que consegue 3 goles en 15 partidos, o club decide cedelo ao Cádiz no mercado de inverno. No equipo andaluz non consegue anotar ningún gol nos catorce encontros que disputa. En xullo de 2018 é novamente cedido, esta vez ao Club Deportivo Lugo, equipo que xa tentara a súa fichaxe no pasado.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en lapreferente.com Datos do xogador en futbolme.com

Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Málaga Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Lorca Deportiva CF Categoría:Xogadores da UD Melilla Categoría:Xogadores do Deportivo Fabril Categoría:Xogadores do Zamora CF Categoría:Xogadores do CD Ourense Categoría:Xogadores do Vitória SC Categoría:Xogadores do Real Jaén Categoría:Xogadores do Granada CF Categoría:Xogadores do Cádiz CF Categoría:Xogadores do Albacete Balompié Categoría:Xogadores do UCAM Murcia Categoría:Xogadores do Córdoba CF Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do Hércules CF Categoría:Xogadores do CD Alcoyano