Terepai Tuamure Maoate, nado o 1 de setembro de 1934 en Rarotonga e finado o 9 de xullo de 2012, foi un médico e político das Illas Cook que foi primeiro ministro do 18 de novembro de 1999 ao 11 de febreiro de 2002.
Traxectoria
Estudou na Escola de Medicina de Fidxi e na Universidade de Auckland, traballou como médico en diversas illas do país e como cirurxián xefe do Hospital de Rarotonga ata que en 1976 nomeárono director de Servizos Clínicos do Ministerio de Saúde. En 1983 entrou no Parlamento representando á circunscrición de Ngatangiia como demócrata, foi ministro de Saúde e Agricultura no gabinete de Tom Davis e de 1985 e 1989 foi tamén viceprimeiro ministro. En 1998 Maoate converteuse no novo líder do Partido Demócrata e líder da oposición, logo das eleccións de 1999 que non lle deron maioría absoluta a partido ningún, o Parlamento elixiou a Maoate primeiro ministro ata que o seu viceprimeiro ministro Robert Woonton o depuxo o 11 de febreiro de 2002, pasando a ser o líder da oposición.
No comezo do ano 2003 uníronse as dúas fraccións nas que se dividira o Partido Demócrata e Maoate volveu ao gabinete como viceprimeiro ministro substituíndo ao líder do Partido das Illas Cook Geoffrey Henry.. Non obstante Maoate renunciou e propuxo unha moción de confianza ao goberno en novembro. A escisión dun grupo de parlamentarios demócratas en 2004 impediulle ser elixido primeiro ministro logo das eleccións de 2004 pero volveu ser nomeado viceprimeiro ministro en 2005, o que engadiu en xullo de 2009 a carteira de Asuntos Exteriores.
En decembro de 2009 destituíron a Maoate como viceprimeiro ministro en favor de Robert Wigmore, provocando a dimisión masiva dos ministros demócratas e a retirada do apoio ao goberno En xuño de 2010 Wigmore substituíuno como o líder dos demócratas
Para as eleccións de 2010 intentou ser elixido como o candidato demócrata pero perdeu nas primarias, decidindo concorrer como independente sen conseguir escano.
Maoate leva o título tradicional de Maoate Mataiapo baixo a dinastía Pa Ariki da vaka Takitumu. En 2007 a raíña nomeouno cabaleiro da Orde do Imperio Británico. e ten un fillo, Terepai Maoate tamén político.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil no Parlamento
Categoría:Primeiros ministros das Illas Cook Categoría:Ministros das Illas Cook Categoría:Nados en 1934 Categoría:Nados nas Illas Cook Categoría:Finados en 2012