Xosé Luís Vázquez Somoza, nado en Zolle (Guntín) o 19 de febreiro de 1961, é escritor galego en lingua galega.

Traxectoria Licenciado en Filoloxía, a súa tese de Licenciatura (inédita) foi O galego en Zolle (Guntín). En 2009 gañou o premio de investigación Condado de Pallares por O galego en Zolle (Guntín).«Nunca debemos apartarnos do galego vivo porque nel está o mellor» Foi catedrático de Lingua e Literatura galega no IES Lucus Augusti de Lugo.

Obra Narrativa Nube de seda na Lúa e outros relatos, 2010, Toxosoutos. ISBN 978-84-92792-28-3. O conserxe (2021). Vigo: Xerais (Colección Fóra de Xogo). ISBN 978-84-9121-693-3.

Obras colectivas Paixóns amuralladas, en Paisaxes con palabras, 2001, Galaxia. De soños e memorias, 2003, Espiral Maior. Premios Pedrón de Ouro. Certames XXVII (2001), XXVIII (2002) e XXIX (2003), 2004, Ediciós do Castro. IX Certame de Narración Curta Ánxel Fole. Contos de 2006, 2007, Concello de Lugo.

Premios Premio IX Certame Manuel Murguía de narracións breves, ex-aequo con Xosé Carlos Caneiro. Título do relato: A fervenza, 2000. 1° Accésit no XXVIII Premio Modesto R. Figueiredo. Título do relato: Río de esquecemento, 2002. Accésit no XXX Premio Modesto R. Figueiredo. Título do relato: A Ponte Cabalar, 2004. 1° Premio no IX Certame de Narración Curta Ánxel Fole. Título do relato: Nube de seda na Lúa 2007. Accésit no Décimo Certame de Cartas de Amor convocado por Radiofusión, 2008.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficha do autor en Xerais

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Guntín Categoría:Nados en 1961 Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Profesores do IES Lucus Augusti