O raposo voador común ou raposo voador de pescozo roxo (Pteropus vampyrus) é unha especie de morcego da familia Pteropodidae.
Distribución Atópase en Camboxa, Vietnam, Indonesia, Malaisia, Birmania, Tailandia, Filipinas, Brunei, Tonga e Vanuatu.
Descrición Como os demais integrantes do xénero Pteropus, é fruxívoro e aliméntase exclusivamente de froitos, flores, pole e néctar. É coñecido por ser o máis grande da familia e presentar a maior envergadura da apertura alar, entre 140 e 180 cm. Como outros megaquirópteros, carece da habilidade da ecolocalización.
miniatura|esquerda|220px|Pteropus vampyrus voando no Reino Animal de Disney.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Chiroptera Specialist Group 1996. Pteropus vampyrus. 2006 IUCN Red List of Threatened Species.
Categoría:Quirópteros Categoría:Fauna de Asia Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Taxons descritos por Linné