Pablo Sarabia García, nado en Madrid o 11 de maio de 1992, é un futbolista español. Xoga de centrocampista e o seu actual equipo é o Sevilla FC.

Ten un gran manexo de balón coa súa perna esquerda. Trátase dun xogador rápido no un contra un, con gran disparo desde diferentes distancias con ambas pernas.

Traxectoria Sarabia xogou na Escola de Fútbol Madrid Oeste Boadilla, en Boadilla del Monte (Madrid), onde se formou para dar o salto a canteira madridista na categoría infantil en 2004.

Empezou a tempada 2008/09 no xuvenil A das categorías inferiores do Real Madrid, xogando de vez en cando no Real Madrid C. O 3 de xaneiro de 2010 debutou co Real Madrid Castilla contra o Alcorcón, substituíndo a Samuel no minuto 58 de partido. No seu terceiro partido no Castilla, o primeiro no estadio Alfredo Di Stéfano, foi titular e marcou o segundo gol que axudaría a conseguir a vitoria do Castilla sobre o Racing B. Ademais deu o pase do terceiro gol madridista nun lanzamento de esquina, quedando así demostrada a súa capacidade para meter goles e tamén para dalos.

En setembro de 2010 rumoreábase a venda de Sarabia ao equipo portugués Sporting de Braga no mercado invernal por 3 millóns de euros, aínda que non se produciu o traspaso.

O 8 de decembro de 2010 debutou co Real Madrid en Liga de Campións, no encontro Real Madrid 4-0 Auxerre, substituíndo a Cristiano Ronaldo a falta de 20 minutos para o final do partido.

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en futbolme.com

Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Madrid Castilla Categoría:Xogadores do Getafe CF Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2022