Frieda Barkin Hennock, nada o 27 de decembro de 1904 en Kovel e finada o 20 de xuño de 1960 en Nova York, foi unha avogada estadounidense.

Traxectoria

Hennock naceu na Ucraína tsarista nunha familia xudía que emigrou aos Estados Unidos en 1910. En Nova York estudou dereito na Brooklyn Law School e graduouse en 1924. Entre 1926 e 1948 traballou como avogada no Estado de Nova York especializándose en dereito corporativo. En 1948 Harry Truman nomeouna para servir na Comisión Federal de Comunicacións, foi a primeira muller en entrar nelaRobert S. Alley e Irby B. Brown Women television producers: transformation of the male medium, p.9, e tivo un papel decisivo na decisión da FCC de asignar canles ás televisións educativas , o que sería o xermolo da televisión pública nos Estados Unidos. En 1955 deixou a FCC volvendo ao exercicio da avogacía.

Notas

Categoría:Avogados dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1904