Francisco Quiroga López, coñecido como Paco de Tano, nado en Petín o 5 de febreiro de 1962, é un escritor galego.

Traxectoria Vive en Malpica de Bergantiños desde moi pequeno. Colabora en diversas revistas: Tralla, Cadernos da fin do mundo, 45 RPM, Malpica verán ou A revista do San Xoán. É presidente da Asociación Cultural Caldeirón de Malpica.

Obras Poesía Xanela ao bío, 2002, A. C. Caldeirón. Con sangue nos beizos, 2008, A. C. Caldeirón.

Obras colectivas Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas, 1997, Asociación Cultural Monte Branco/Asociación Neria, O Couto, Ponteceso. Crepúsculo soñado. Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior. Do máis fondo do silencio saen voces, 2006, Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña. Letras novas, 2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega. De Pondal ao Batallón Literario. 120 anos de poesía na Costa da Morte, 2009, Sotelo Blanco. Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón.

Premios Premio Milleira en 1999. Premio María Baña no 2000. Faustino Rey Romero en 2004, por Amor de mar.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Petín Categoría:Nados en 1962