O Stadium Gal é un estadio de fútbol situado na cidade de Irún, no País Vasco. Nel disputa os seus partidos como local o Real Unión Club. Está a 300 metros da localidade francesa de Hendaia e da fronteira do mesmo estado, xunto ao río Bidasoa. O estadio dispón dunha capacidade de 6.344 espectadores e de céspede natural.

Historia Foi construído en 1926 nuns terreos doados por Salvador Echeandía Gal. Inaugurouse o 19 de setembro dese ano cun partido entre a Real Unión e o FC Barcelona. Naquela época o equipo irundarra era un dos máis importantes de España, conseguindo varios títulos de Copa.

En 1950 construíuse un velódromo arredor do terreo de xogo que nese mesmo ano acolleu o final dunha etapa da Volta ciclista a España.

En 1997 inaugurouse o novo Stadium Gal, situado no mesmo lugar que o campo vello.

Neste estadio o Real Unión disputou todos os seus partidos como local en Primeira, Segunda, Segunda B e en Terceira e nel logrou a marca de ser o primeiro equipo de Segunda B en eliminar ao Real Madrid nunha eliminatoria (ida 3-2 e volta 4-3).

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Información no sitio web da Real Unión

Stadium Gal Categoría:Deporte en Irún