O Genève-Servette Hockey Club é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Xenebra, Suíza. Foi fundado en 1905 e actualmente compite na NLA, a máxima categoría deste deporte en Suíza.

Historia En 1905 fúndase a sección de hóckey sobre xeo do Servette FC, un ano despois, en 1906 fúndase o HC Gèneve. En 1908 Servette e HC Genève participan na fundación da Federación Suíza de Hóckey sobre Xeo.

En 1917 o Servette proclámase subcampión fronte ao Berna, repetindo resultado en 1920. En 1954 o club disputou o seu primeiro partido en xeo artificial no que xogou fronte ao Urania Genève Sport (UGS), no Pavillon des Sports, ata ese momento, o Servette tiña que recibir aos seus adversarios en Lausana ou en L'Abbaye.

No ano 1956 o equipo ascende á segunda categoría, a NLB, e dous anos máis tarde inaugúrase o seu novo pavillón, o Patinoire des Vernets, onde en 1959 gañou a Copa de Suíza logo de derrotar na final ao Neuchâtel-Sports Young Sprinters HC por 7 goles a 3 ante 11.820 espectadores, un récord de asistencia no Patinoire des Vernets. En 1963 créase o Genève-Servette HC logo da fusión das sesións de hóckey sobre xeo do Servette e do UGS. Un ano despois Genève-Servette proclámase campión da segunda división suíza, a NLB, logo de derrotar ao EHC Biel na final, acadando o ascenso á máxima categoría, a NLA.

Logo duns anos escuros tras descender á segunda categoría (1975) e á terceira categoría (1980), en 1995 volve á segunda categoría, e seis anos despois á máxima categoría.

O 24 de marzo do 2008, o GSHC chega á final da liga suíza por primeira vez na súa historia, ao gañar ante o HC Fribourg-Gottéron nas semifinais por 4-1 na serie. No 2010, logo dunha boa tempada na que conseguiu o segundo posto na liga, o GSHC derrotou ao HC Fribourg-Gottéron nos cuartos de final, ao EV Zug nas semifinais, e caendo no sétimo partido da final fronte ao SC Bern logo de remontar o 3-1 inicial e empatar a serie a 3 pertidos.

Personalidades Xogadores Números retirados Números retirados do Genève-Servette NºXogadorPosiciónCarreiraData da retiradaReferencias 0 Daniel Clerc G 1964-74 23 de decembro de 2013 4 Eric Conne D 1965-77 25 de setembro de 2004 6 Fritz Naef C 1960-69 25 de setembro de 2004 24 Jean-François Regali C 1981-95 22 de febreiro de 2013 28 Igor Fedulov C 2000-09 21 de febreiro de 2015

Palmarés 2 Copas de Suíza: 1959 (como Servette HC) e 1972 (como GSHC) 1 NLB: 2001 2 Spengler Cups: 2013, 2014

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio oficial do club

Genève