José "Joseíto" Iglesias Fernández, nado en Zamora o 23 de decembro de 1926 e finado en Granada o 12 de xullo de 2007, foi un futbolista e adestrador de fútbol español. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección española.
Traxectoria Como futbolista A súa carreira comeza no equipo da súa cidade natal, xogando despois no Real Valladolid, Racing de Santander, Real Madrid, Levante UD e Rayo Vallecano.
Destaca as súas oito tempadas no Real Madrid dos anos cincuenta entre os anos 1951 e 1959, no que disputou 123 encontros gañou catro ligas e catro copas de Europa, formou parte do once inicial co que o equipo madrileño conquistou a primeira copa de Europa ante o Stade de Reims por 4-3. Neste período tamén foi convocado coa selección española ante Alemaña Federal, encontro que rematou en 2-2.
Como adestrador O primeiro equipo ás súas ordes foi o Celta de Vigo, que tentaba conseguir o ascenso a Primeira División. Tras dúas tempadas e ao non conseguir os obxectivos o técnico deixa o equipo no ano 1965.
Posteriormente Joseíto adestrou a Valencia CF, Deportivo da Coruña, Córdoba CF, Real Murcia, CD Tenerife, Deportivo Alavés e Granada CF. Nesta cidade estableceuse tras retirarse do fútbol.
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do adestrador en bdfutbol.com Biografía en Yoentrenealcelta.com
Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 2007 Categoría:Nados en Zamora Categoría:Futbolistas de Castela e León Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Zamora CF Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Xogadores da UD Salamanca Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores do Levante UD Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano Categoría:Adestradores de fútbol de España Categoría:Adestradores do Celta de Vigo Categoría:Adestradores do Deportivo da Coruña Categoría:Adestradores do Deportivo Alavés Categoría:Adestradores do CD Tenerife Categoría:Adestradores do Real Murcia Categoría:Adestradores do Valencia CF Categoría:Adestradores do Granada CF Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA