Francisco Javier Peral Periane, coñecido como Javito, nado en Plasencia (Cáceres) o 4 de novembro de 1983, é un futbolista español. Xoga de centrocampista e o seu club actual é o Panthrakikos F.C. de Grecia.

Traxectoria Formado nas categorías inferiores do Futbol Club Barcelona, xogou no Barça B entre 2004 e 2006 e chegou a debutar co primeiro equipo na Liga de Campións, nun partido contra o Shakhtar Donetsk. No verán de 2006 ficha polo grego Aris Salónica FC.

O 29 de xaneiro de 2010 anunciábase a súa cesión ao Deportivo da Coruña,"Javito y Xisco reforzarán la delantera deportivista" pero non chegaría a debutar coa camiseta branquiazul debido a un problema co seu traspaso.

Selección nacional O 7 de xuño de 2005 xogou o seu único partido como internacional coa Selección de fútbol sub-21 de España, partido no que España gañou 4-2 a Bosnia e Hercegovina.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en greeksoccer.com

Categoría:Nados en 1983 Categoría:Nados en Plasencia Categoría:Futbolistas de Estremadura Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do FC Barcelona B Categoría:Xogadores do Aris Salónica FC Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Olympiacos FC Categoría:Xogadores do Orduspor Categoría:Xogadores do Hércules CF Categoría:Xogadores da AD Alcorcón Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21