Este artigo trata sobre o disco de Los Suaves, para o artigo sobre a serie de televisión véxase Hay alguien ahí.

¿Hay alguien ahí? é o oitavo disco que a banda ourensá de Los Suaves publicou, e o segundo en directo. Foi gravado durante os concertos da xira 1994–1996 e mesturado nos Estudios Kiros durante o mes de setembro de 1995.

O curioso deste álbum é que se publicaron tres edicións: un triplo CD, un dobre CD (no que se eliminou o terceiro CD que fora gravado nun concerto especial nos estudios Kirios con temas que non formaban parte do repertorio habitual) e unha edición sinxela de 11 temas dun só disco. Este último debeuse a unha denuncia entre discográficas, que obrigou a Polygram a publicar unha versión do álbum cos temas da banda da súa etapa na compañía.

O grupo dedicoulle o álbum a Rory Gallagher.

Lista de cancións CD 1

CD 2

CD 3

Véxase tamén Ligazóns externas Web do disco Datos do álbum en lafonoteca.net

Categoría:Álbums musicais de 1995 Categoría:Álbums de Los Suaves