Andoni Iraola Sagarna, nado en Usurbil (Guipúscoa) o 22 de xuño de 1982, é un exfutbolista e adestrador vasco. Xogaba de defensa lateral dereito e desenvolveu case toda a súa carreira no Athletic de Bilbao, co que disputou máis de 500 partidos. Dende 2023 adestra o Bournemouth da Premier League.

Traxectoria Formouse nas categorías inferiores do Antiguoko donostiarra ata que chegou a Lezama en virtude do convenio entre o Athletic Club e o Antiguoko. No club guipuscoano foi compañeiro de xogadores de talle internacional como Xabi Alonso e Mikel Arteta. En 2003 pasou a formar parte do primeiro persoal do Athletic Club.

Debutou na Primeira división o 30 de agosto de 2003, nun partido contra o FC Barcelona, gañado 0-1 polos culés. Na súa primeira tempada xogou 31 partidos de liga e marcou cinco goles.

En 2005 renovou o seu contrato co Athletic ata o ano 2010, a pesar de ser seguido por equipos como o Valencia CF ou o Liverpool FC. Converteuse en só dúas tempadas nun dos mellores pasadores do equipo xunto a Fran Yeste. Destacaba pola súa capacidade de desprazar a pelota manténdoa moi preto do pé e driblando xogadores contrarios con facilidade.

En total disputou 510 partidos oficiais co equipo bilbaíno e marcou 38 goles.

Selección nacional O 20 de agosto de 2008, Vicente del Bosque, no seu primeiro partido como seleccionador de España, fixo debutar a Iraola como absoluto, nun partido amigábel contra Dinamarca.Marca - Del Bosque mantén o rumbo O 11 de outubro de 2008 disputa o seu primeiro partido oficial coa selección, ante Estonia, substituíndo a Sergio Ramos.

Tamén disputou varios partidos internacionais de carácter amigable coa Selección de Euskadi.

Palmarés como adestrador AEK Larnaca Supercopa de Chipre (1): 2018.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha de Iraola en Athletic Club.net Datos do xogador en bdfutbol.com Ficha de Iraola coa selección española

Categoría:Nados en 1982 Categoría:Nados en Usurbil Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Baskonia Categoría:Xogadores do Bilbao Athletic Categoría:Xogadores do Athletic Club de Bilbao Categoría:Xogadores do New York City FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Xogadores da selección de fútbol do País Vasco Categoría:Adestradores de fútbol do País Vasco Categoría:Adestradores do CD Mirandés Categoría:Adestradores do Rayo Vallecano Categoría:Adestradores do AEK Larnaca