Óscar de Marcos Arana, nado en Laguardia (Áraba) o 14 de abril de 1989, é un futbolista español. Xoga de defensa no Athletic Club, sendo o segundo futbolista con máis partidos na historia do club.

Traxectoria Naceu o 14 de abril de 1989 na localidade vasca de Laguardia, na Rioxa Arabesa, no seo dunha familia afeccionada ao Athletic Club, sendo seu pai Víctor un dos fundadores da Peña Athletic Club de Rioja Alavesa. Con 12 anos e despois de gañar un torneo co equipo de fútbol 7 Rioja Alavesa Luzerna do seu pobo, no que derrotou ao Alavés, incorporouse á disciplina do club branco e azul.

No verán de 2008 subiu ao Deportivo Alavés B e a mediados da tempada 2008/09 debutou co primeiro equipo na Segunda División, nun partido ante o Tenerife en Mendizorrotza. Foi titular nas dúas seguintes xornadas, nas que marcou senllos goles ante o Celta de Vigo e o Alicante. En xullo de 2009, tras consumar o Alavés o descenso á Segunda División B, foi traspasado polo Athletic Club.

Disputou o seu primeiro partido coa camiseta do Athletic o 6 de agosto de 2009, nun partido da Copa da UEFA ante o Young Boys suízo e 10 días despois marcou o seu primeiro gol, na ida da Supercopa de España contra o FC Barcelona. Asentado na titularidade a partir da tempada 2011/12, militou no club biscaíño durante 16 anos, converténdose no segundo futbolista con máis partidos na historia do club, só por detrás de Iribar.

Palmarés Athletic Club Copa do Rei (1): 2023/24. Supercopa de España (2): 2015, 2021.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha de Óscar de Marcos en Athletic Club.net Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en futbolme.com

Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Laguardia Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés B Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés Categoría:Xogadores do Bilbao Athletic Categoría:Xogadores do Athletic Club de Bilbao Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores da selección de fútbol do País Vasco