Ana María Pérez Cerviño, nada en Vigo o 5 de xaneiro de 1986, é unha escritora e ilustradora galega. Formouse en produción de cinema e audiovisuais, ademais de escenografía e, posteriormente, psicoloxía. En 2026, reside entre España e o Reino Unido.
Traxectoria Formada en Comunicación gráfica publicitaria, deseño gráfico e deseño web, traballa coa arte dixital e os audiovisuais, e ten colaborado con diversas revistas. Traballou como redactora, guionista, diseñadora gráfica e ilustradora. Sen deixar de lado proyectos esporádicos en figuración e cinema.
Nos últimos tempos foi docente de Mindfullnes e terapias de meditación. Ademais de terapeuta e ilustradora defende en diversos organismos como activista online a igualdade animal, o benestar social e o coidado do medioambiente.
Concorreu ás Eleccións municipais de 2019 nas listas de Vigo do Partido Animalista.
Obra Poesía Escuridade
Obras colectivas Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, Asociación de Escritores en Lingua Galega, libro electrónico.
Obras publicadas en Internet Poesía "Soidade", 2004, publicado en Internet. "Etéreo", 2006, publicado en Internet. "O balcón do ilusionismo", 2007, publicado en Internet. "Viaxe en mareas de tinta", 2007, publicado en Internet. "Alá onde a miña melancolía", 2008, publicado en Internet. "A través dun telescopio", 2009, publicado en Internet.
Narrativa breve A vida non é vanidosa, 2007, publicado en Internet.
Notas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1986 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes