A Pontealbar é un lugar da parroquia de Xavestre no concello coruñés de Trazo na comarca de Ordes. Segundo o Instituto Nacional de Estadística no ano 2010 tiña 52 habitantes , dos cales 26 eran homes e 26 eran mulleres.

Toponimia

O topónimo A Pontealbar débese a que a aldea está situada a carón da ponte Albar sobre o río Tambre, no lado norte. Da outra beira do río está o lugar da Ponte Albar (Fecha, Santiago de Compostela).

A Pontealbar na cultura popular O escritor Adrián Noia publicou a novela Pontealbar (Editorial Galaxia, 2025), que está baseada na lenda do conde Albar recollida por Leandro Carré Alvarellos en Las leyendas tradicionales gallegas (1977) co título de "Justicia del rey Alfonso VIII".

Notas

Lugares e parroquias Lugares de Xavestre

Parroquias da Trazo

Véxase tamén

Lugares de Trazo

Categoría:Lugares de Trazo Categoría:Lugares divididos entre dous concellos