Diego Pardo Amado, nado na Coruña en 1983, é un filólogo e ensaísta galego.
Traxectoria Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade da Coruña. Interesado pola literatura galega do século XIX, colabora con artigos en prestixiosas publicacións como Murguía. Revista Galega de Historia, Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos, Revista Galega de Filoloxía, Terra e Tempo etc. Foi lector no Centro de Estudos Galegos de Oxford. Dá clases de lingua castelá e lingua e literatura galega no IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo.
Obra Ensaio Rosalía de Castro. A luz da ousadía, 2009, Laiovento. Rosalía e Murguía na procura da patria soñada, 2011, Lóstrego Edicións.
Traducións Construción de cimentos e saneamentos: traza e construción de cimentacións e redes horizontais de saneamento, de Marta Fernández Pérez, Jorge Costal Blanco e Juan Ignacio del Campo Domínguez, 2005, Netbiblo. Procesos de elaboración de semiconservas de peixes: guía práctica para o elaborador de conservas de produtos da pesca, de María José Rodríguez Caeiro e IdeasPropias, 2005, Netbiblo.
Obras colectivas Actas do Congreso Manuel María, Literatura e Nación: (A Coruña, 3-5 de novembro de 2005), 2009, Universidade da Coruña/AS-PG. Coedición con Pilar García Negro.
Premios Gañador do segundo premio Luísa Villalta na categoría de artigo xornalístico en 2006.
Notas
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1983 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Profesores de educación secundaria