David Seijo Sanmiguel, nado en Vilagarcía de Arousa o 25 de febreiro de 1983, é un actor galego.

Traxectoria Recibiu formación completa no estudo Juan Carlos Corazza (2004-2009). Cursou diversos seminarios entre os que se poden destacar: Roles y registros con Catalina Lladó, Técnica con Manuel Morón, Espacio escénico con Jean Guy Lecat entre outros.

Desde mozo mostrou interese pola interpretación, involucrándose en proxectos teatrais e musicais. Logo de varios anos de estudo, trasládase á Coruña, lugar onde reside a súa familia paterna, para estudar Pedagoxía teatral.

Alí vincúlase a un grupo de comedia da arte chamada Estragón, co que representa varias funcións de teatro como Mariones ou Muertos vivos. Máis tarde márchase a Aviñón (Francia) para estudar Comedia da arte con Carlo Bosso e seminarios de pantomima e esgrima con Josef Markocki.

Cinema No mundo do cine colaborou nas películas León e Olvido (2004) e Rafael (2008), ambas de Xavier Bermúdez e en televisión en Rías Baixas (1999) e La Rosa de Alejandría (2003).

Logo de terminar a diplomatura decide marchar a Madrid para formarse na escola para o actor Juan Carlos Corazza. Fai varias curtametraxes como Cuando me recuerdes e Una vida a través del objetivo, e anuncios de televisión como o de Seat Ibiza 25 aniversario e Spot McCain. Non se desvincula de Galicia representando en múltiples ocasións Os berros do silencio, obra ambientada nos naufraxios da Costa da Morte.

Televisión Series Personaxes fixos León e Olvido (2004) Rafael (2008) El barco (2011-) - como Ramiro (Antena 3). Néboa (2020) - como Cascudo (TVE). O sabor das Margaridas (2020) - (TVG)

Personaxes episódicos Eva y Kolegas (2008) - como matón (Antena 3). Aída (2010) - Telecinco.

Curtametraxes Cuando me recuerdes (2008). Una vida a través del objetivo (2010). 11 (2011).

Categoría:Actores de Vilagarcía de Arousa Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1983 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes