O Micrófono de Oro é un premio que concede a Federación de Asociacións de Radio e Televisión anualmente, para premiar carreiras destacadas dentro do mundo do xornalismo, a tauromaquia, a moda, o teatro, o cinema, o deporte, a danza e mais a política. Son entregados anualmente na cidade de Ponferrada e promovidos pola propia Federación e polo locutor Luis del Olmo, en colaboración co Concello de Ponferrada e a Xunta de Castela e León.
Categoría:Premios de radio