The Lost World: Jurassic Park (en galego O mundo perdido: Parque Xurásico) é a continuación de ficción científica da franquía cinematográfica de Parque Xurásico. Dirixida en 1997 por Steven Spielberg como a segunda parte do anterior filme de 1993.

Sinopse Catro anos despois do desastre ocorrido no parque da Illa Nublar, John Hammond revélalle a Ian Malcolm a existencia doutra illa na que os dinosauros eran criados antes de seren transportados ó parque. Ese lugar é a Illa Sorna, onde os dinosauros foron abandonados despois do desastre, e no que viven en total liberdade. Os dinosauros adaptáronse perfectamente á illa e sobreviven en equilibrio. Hammond devece por velos no seu contorno natural antes de comezar a explotación comercial, polo que envía a un equipo de científicos a estudalos. Entre eses científicos está a moza do doutor Malcolm, a paleontóloga Sarah Harding. Malcolm, coñecedor do perigoso que pode ser esa expedición decide ir a buscala, cun equipo de rescate.

Personaxes Jeff Goldblum como Doutor Ian Malcolm Julianne Moore como Doutora Sarah Harding Pete Postlethwaite como Roland Tembo Arliss Howard como Peter Ludlow Richard Attenborough como John Hammond Vince Vaughn como Nick Van Owen Vanessa Lee Chester como Kelly Curtis Malcolm Peter Stormare como Dieter Stark Harvey Jason como Ajay Sidhu Richard Schiff como Eddie Carr Thomas F. Duffy como Doutor Robert Burke Thomas Rosales Jr. como Carter Ariana Richards como Lex Murphy Joseph Mazzello como Tim Murphy Camilla Belle como Cathy Bowman Cyd Strittmatter como Deirdre Bowman Robin Sachs como Paul Bowman Geno Silva como Carlos Colton James como Benjamin Bernard Shaw como El mesmo Frank Welker como Efectos Vocais de Dinosauros

David Koepp fai un cameo como un cidadán de San Diego que é comido polo Tyrannosaurus rex. Steven Spielberg fai un cameo ó final do filme, aparece no reflexo dun televisor cando o Tyrannosaurus Rex é transportado de novo á Illa Sorna.

Galardóns e nomeamentos 1997: Nomeada ó Oscar: Mellores efectos visuais.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en Metacritic

Categoría:Filmes de 1997 Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dirixidos por Steven Spielberg Categoría:Filmes con banda sonora de John Williams Categoría:Filmes de ciencia ficción e aventuras dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Amblin Entertainment Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes rodados en Australia Categoría:Filmes rodados en Toronto Categoría:Filmes sobre dinosauros Categoría:Filmes sobre clonación Categoría:Filmes baseados en obras de Michael Crichton Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América