Manuel Crespo Vázquez, nado en Dozón en 1902 e finado no Castro o 11 de xaneiro de 2007,La Voz de Galicia, 12-1-2007, p. 49. foi un político galego, alcalde de Dozón.
Traxectoria Concelleiro de Dozón dende 1940.El Pueblo Gallego, 11-2-1940, p. 2. Foi alcalde de Dozón dende principios dos anos 50 até 1987. Nas primeiras eleccións democráticas presentouse como independente, obtendo a maioría. Nas municipais de 1983 presentouse pola Coalición Popular, volvendo repetir a maioría. Non concorreu ás eleccións municipais de 1987 e foi sucedido na alcaldía por Adolfo Campos Panadeiros o cabeza de lista de Independentes de Dozón, que aínda que só obtivo 3 dos once concelleiros, grazas a unha tripla alianza logrou proclamarse alcalde.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Dozón
Categoría:Alcaldes de Dozón Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Dozón Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 2007 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes