Juan Manuel Rodríguez de Cea, nado en Pontevedra en 1854 e finado na mesma cidade o 15 de febreiro de 1926Necrolóxica en Diario de Pontevedra, 15-2-1926, p. 2., foi un político, escritor e xornalista galego.
Traxectoria Figurou na dirección do Partido Republicano de Pontevedra con Indalecio Armesto e Pascual Paz e foi varias veces concelleiro na súa cidade. Colaborou en El Estudiante e O Galiciano, dirixiu os periódicos O Novo Galiciano, La Unión Nacional e El Pueblo, foi redactor de La Unión Republicana e colaborador de El Anunciador.
Obras Fillos de Galicia que n-a autualidade cultivan n-o libro ou n-a prensa o dialeuto gallego, lixeira idea d’as suas obras, publicado en A Gaita Gallega (1887). Notas sobre montes, ríos, valles, puertos... de la provincia de Pontevedra (con Rogelio Quintáns), 1891.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos
Categoría:Xornalistas de Pontevedra Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Concelleiros de Pontevedra Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1854 Categoría:Finados en 1926