María Xesús Lama López, nada en Santa Euxea (Guntín) en 1964, é unha filóloga luguesa. En 2018 foi distinguida co Premio Nacional de Ensaio, que outorga con carácter anual o Ministerio de Cultura e Deporte de España, pola súa obra Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863).

Traxectoria Estudou Filoloxía Galego-Portuguesa e Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela no 1987 e doutorouse na Universidade de Barcelona no 2002 cun traballo sobre a apropiación dos materiais lendarios celtas e da materia de Bretaña na literatura galega contemporánea.

A súa investigación céntrase na interrelación entre o proceso de construción nacional e a literatura en Galicia e desenvólvese en tres direccións principais nas que se centran as súas publicacións: a vida e a obra de Rosalía de Castro como escritora fundacional da literatura galega, o tratamento literario da suposta orixe celta de Galicia e a literatura da emigración e o exilio. Publicou tamén traducións do alemán e do inglés ao galego.

Colabora habitualmente en diversas revistas literarias.

Obras Ensaio O celtismo e a materia de Bretaña na literatura galega: cara á construcción dun contradiscurso histórico ficcional na obra de Xosé Luís Méndez Ferrín, 2001, Universidade de Barcelona. Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863), 2017, Galaxia.

Traducións A vida e o tempo de Diego Xelmírez, de R. A. Fletcher, 1992, Galaxia. Tradución con Henrique Monteagudo. Contos, de Hoffmann, 1996, Tris Tram. Tradución con Marta Ares Fontela. Vinte e nove contos, de Quim Monzó, 2008, Sotelo Blanco.

Edicións Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, 1995 e 2008, Galaxia. Canto do pobo disperso, de Valentín Paz-Andrade, 2012, Consello da Cultura Galega.

Obras colectivas

Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos. Mulleres en Galicia. Galicia e os outros pobos da Península. Barcelona, 2003, 2007, Ediciós do Castro. Coeditora con Helena González. Do sentimento á conciencia de Galicia: correspondencia, 1961-1984, de Ramón Piñeiro e Basilio Losada, 2009, Galaxia. Edición con Helena González. Ramón Piñeiro. Día das Letras Galegas 2009, 2009, Universidade de Santiago.

Premios Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de ensaio/investigación de 2017, por Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade. En 2018 gañou o Premio Nacional de Ensaio que concede o Ministerio de Cultura e Deporte de España por Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863). Premio de ensaio Baltar Feijoo da Fundación Rosalía de Castro por Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Xavier Lama López

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Profesores da Universidade de Barcelona Categoría:Galegos de Cataluña Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1964 Categoría:Premio Nacional de Ensaio de España