O Parque Nacional do Teide ocupa a zona máis alta da illa de Tenerife, nas Canarias. Declarado o 22 de xaneiro de 1954 como parque nacional,Decreto de 22 de xaneiro de 1954. BOE nº 35, de 4 de febreiro de 1954 é o máis grande e antigo dos parques nacionais das Illas Canarias, e un dos máis antigos de España. En 2007 foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO e tamén desde ese ano o Parque Nacional do Teide é considerado como un dos 12 Tesouros de España.12 Tesouros de España

Nesta zona atópase o volcán do Teide que cos seus 3.718 metros, é o pico máis alto das Canarias, de España e de calquera terra emerxida do océano Atlántico. É ademais, o terceiro volcán máis grande do mundo desde a súa base, só superado polo Mauna Loa e o Mauna Kea en Hawai. Xunto ao Teide atópase a segunda montaña máis alta do Arquipélago Canario, o Pico Viejo con 3.135 metros sobre o nivel do mar, sendo ambos as únicas montañas canarias que exceden os 3.000 metros de altitude.

O Parque Nacional do Teide, foi en 2008 o Parque nacional máis visitado dos catro cos que contan as Illas Canarias cun total de 2,8 millóns de visitantes, segundo datos do Instituto Canario de Estatística (ISTAC), sendo ademais o Parque Nacional máis visitado de España, o máis visitado de Europa e o segundo do mundo con 3.142.148 visitantes en 2007.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Web oficial doMinisterio de Medio Ambiente dedicada a este parque nacional

Teide Categoría:Xeografía de Tenerife Categoría:Patrimonio da Humanidade nas Canarias Categoría:Áreas protexidas establecidas en 1954