O termo rublo fai referencia a varias moedas de distintos países da Europa do Leste. Actualmente hai tres países que empregan o rublo como moeda oficial: Rusia, Belarús e Transnistria, se ben este último é un Estado non recoñecido e polo tanto o seu rublo carece de código ISO 4217 e non é unha moeda recoñecida internacionalmente.

Etimoloxía miniatura|250px|dereita|Unha grivnia (aproximadamente 200 gramos de prata). Unha das teorías sobre o nome desta moeda é a que di que o termo rublo vén da palabra rusa rubl, derivado de rubitj, que significa cortar, xa que o antigo rublo era un anaco cortado dunha barra de prata. Segundo esta teoría, o primeiro rublo aparecido en Rusia foi un fragmento de prata cun peso de 200 gramos que se puxo en circulación no século XIII en Nóvgorod que se presentaba en distintas formas e se cortaba para conseguír pezas máis pequenas que finalmente se converterían en pezas acuñadas.Orixes do rublo ruso en www.rusopedia.rt.com I.K. Kondratiev no libro "Antigüidade de Moscova de pelo gris" escribiu:Кондратьев И. К. Седая старина Москвы. М., 1893.

Lista de rublos Circulantes Rublo belaruso Rublo ruso Rublo de Transnistria

Non circulantes Rublo armenio (1919-1923) Rublo letón (1919 - 1922, 1992 - 1993) Rublo soviético (1923 - 1992) Rublo svalbarense (1946 - 2002) Rublo taxico (1995 - 2000) Rublo transcaucásico (1918-1919 e 1923-1924)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Banco Central da Federación Rusa Banco Nacional da República de Belarús Banco Republicano de Transnistria Sitio web do Goznak Galería de imaxes da historia do rublo en Rusia

Categoría:Rublo