Juan Valentín de Todos los Santos Urdangarin y Borbón, nado en Barcelona o 29 de setembro de 1999Juan Valentín, o sobriño máis discreto do rei celebra o seu 16 aniversario, é o fillo primoxénito da Infanta Cristina de España e Iñaki Urdangarin. É neto dos reis eméritos de España, Xoán Carlos I e Sofía de Grecia, e sobriño dos actuais reis Filipe VI e Letizia Ortiz.

Tres meses logo do seu nacemento Juan Valentín foi bautizado no Palacio da Zarzuela o día 12 de decembro. Os seus padriños foron a súa tía materna a infanta Helena e o seu tío paterno Mikel Urdangarin. Chámase Juan na honra aos seus avós o rei Xoán Carlos I e Juan María Urdangarin, Valentín por San Valentín de Berriochoa, antepasado da súa familia paterna e Todos os Santos é tradición na Familia real española.

Juan é o sétimo na liña de sucesión ao trono de España, logo das súas curmás Lionor e Sofía de Borbón, a súa tía Helena de Borbón e os seus fillos Felipe Juan Froilán e Victoria Federica e a súa nai Cristina de Borbón e por diante dos seus irmáns máis novos Pablo, Miguel e Irene.Cinco Días: Así é a liña de sucesión da monarquía española Como fillo dunha infanta de España dáselle o trato de A súa Excelencia e posúe a dignidade de Grande de España.

Ascendencia

Notas

Véxase tamén Familia real española

Categoría:Familia real española Categoría:Nados en 1999 Categoría:Nados en Barcelona