Airas Xacobe Bispo Torres, nado o 23 de xullo de 1997 en Santiago de CompostelaO lugar exacto de nacemento foi o Hospital da Nosa Señora da Esperanza de Santiago de Compostela., é un actor galego.Airas Bispo, el nuevo rostro..., artigo en La Voz de Galicia .Una joven promesa de A Ramallosa , El Correo Gallego, 11/4/2011

Traxectoria Comezou facendo teatro como actividade extraescolar na súa escola e con nove anos participou na súa primeira curtametraxe como actor, Amelia e as sereas, dirixido por Ghaleb Jaber Martínez. Posteriormente actuou en diversas series de televisión, como Amar en tiempos revueltos no papel dun neno salvaxe, Os Atlánticos durante dúas temporadas ou Maridos e mulleres. En 2011 participou nun papel xa de protagonista no filme Los muertos no se tocan, nene, a adaptación da novela homónima de Rafael Azcona, dirixida por José Luis García Sánchez.

Cine Amelia e as sereas (2007). Cadenas (2008). Los muertos no se tocan, nene (2011).

Televisión Amar en tiempos revueltos (2009) Os Atlánticos (2008-2009) Maridos e mulleres Valderrei

Notas

Categoría:Actores de Santiago de Compostela Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores infantís de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1997 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes