Fernando Acuña Castroviejo, nado en Santiago de Compostela o 10 de abril de 1945 e finado en Vedra o 13 de setembro de 2016, foi un arqueólogo galego.
Traxectoria Catedrático de Arqueoloxía na Universidade de Santiago de Compostela. foi membro da sección de Arqueoloxía e Prehistoria do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e correspondente da Real Academia Galega. Tamén foi membro da Real Academia Galega de Belas Artes.
Os seus traballos céntranse na arqueoloxía romana, destacando especialmente as súas investigacións sobre mosaicos, esculturas, epigrafía e numismática.
Obra en galego Ensaio Arredor da arqueoloxía, 2002, Universidade de Santiago de Compostela.
Obras colectivas Prehistoria e Arqueoloxía de Galicia: estado da cuestión, 1979. Fermín Bouza-Brey, 1992, Xunta de Galicia. Finisterrae: estudios en lembranza do Prof. Dr. Alberto Balil, 1992, Universidade de Santiago de Compostela. Celestino García Romero: un xesuíta de Boiro, 2005, Concello de Boiro. Os Capítulos da Irmandade: peregrinación e conflito social na Galicia do século XV, 2006, Xunta de Galicia.
Obra en castelán Ensaio Mosaicos romanos de Hispania citerior: Conventus Lucensis, 1974.
Obras colectivas La romanización de Galicia, 1976, Cadernos do Seminario de Sargadelos, Ediciós do Castro. «Vigo en la antigüedad», en Álvaro Cunqueiro & José Mª Álvarez Blázquez (coordinadores), 1980, Vigo en su historia, pp. 13–59. Vigo: Caja de Ahorros Municipal de Vigo. (Xunto con J. M. Álvarez Blázquez, Arturo Conde, Álvaro Cunqueiro, Antonio Meijide, Antonio Odriozola et alii.)
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.
Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1945 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Numismáticos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Enciclopedistas de Galicia Categoría:Membros da Real Academia Galega de Belas Artes Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela