Eduardo O'Shea Verdes Montenegro, nado en Madrid o 9 de marzo de 1876 e finado en 1962, foi un avogado e político español.

Traxectoria Fillo de Guillermo O'Shea Hurtado de Corcuera, capitán de Artillería, membro dunha familia aristocrática procedente de Irlanda, e Carmen Verdes Montenegro, dunha familia de fidalgos que procedían do pazo de Sistallo (Cospeito). Estudou Dereito e integrouse na Administración do Estado. En 1896 solicitou praza de escribinte no Senado. Foi membro do Partido Liberal-Conservador (fracción de Juan de la Cierva Peñafiel) e foi elixido deputado polo distrito de Arzúa nas eleccións de 1919 e 1920. Nas eleccións de 1933 foi elixido como independente pola provincia da Coruña. Presentouse ás eleccións de 1936 na candidatura dereitista, pero non foi elixido. Foi secretario de Fomento e director do coto mineiro de Hellín.

miniatura|300px|Candidatura dereitista da provincia da Coruña para as eleccións de febreiro de 1936.|centro

Vida persoal

Casou con María de la Paz Calderón Ceruelo e foi pai de Eduardo, María, Milagros e Manuel O'Shea Calderón. Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1876 Categoría:Finados en 1962