Enrique Gómez Jiménez, nado en Santa Clara (Cuba) o 29 de maio de 1889, foi un enxeñeiro e político galego. Foi o 25º presidente do Deportivo da Coruña.
Traxectoria Fillo de galegos de Becerreá emigrados en Cuba.La Voz de la Verdad, 17-5-1923, p. 1. Traballou como enxeñeiro de camiños na Xefatura de Obras Públicas de Lugo. Nas Eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 foi elixido deputado pola provincia de Lugo pola Derecha Liberal Republicana, e nas eleccións xerais de 1933 e nas eleccións xerais de 1936 polo Partido Republicano Conservador. No franquismo foi enxeñeiro xefe de Obras Públicas de Lugo en 1940,El Progreso, 19-5-1940, p. 2. enxeñeiro xefe de Obras Públicas da provincia da Coruña dende 1947,La Voz de Galicia, 16-1-1947, p. 3. e inspector xefe de Obras Públicas de Galicia.Pueblo, 13-9-1957, p. 2.
Presidiu o Lugo Sporting Club en 1927.La Provincia, 3-8-1927, p. 1. Foi presidente do Deportivo da Coruña desde o 30 de maio de 1950, en substitución de Daniel Chaver Gómez, até o 29 de xaneiro de 1952, sendo á súa vez substituído por Manuel Otero Peón.
Finou a finais nos anos cincoenta.
Recoñecementos Medalla ao Mérito no Traballo en 1929.La Voz de la Verdad, 1-10-1929, p. 2. Vida persoal
Casou en Becerreá con Magdalena Mateo Ferrer en setembro de 1926.El Progreso, 23-9-1926, p. 2. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en 1889 Categoría:Nados na provincia de Villa Clara Categoría:Galegos de Cuba
Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Presidentes do Deportivo da Coruña