Call of Duty: Black Ops é un videoxogo pertencente á serie Call of Duty, lanzado en novembro de 2010 para PC Windows, Playstation 3, Xbox 360 e Nintendo Wii. É a sétima entrega principal da serie e a terceira programada por Treyarch. A distribución, coma no resto da serie foi levada a cabo por Activision.
Sinopse Os feitos narrados desenvólvense durante a guerra fría, nos anos 60, cando un grupo dentro do exército soviético planea atacar os Estados Unidos con armas químicas. O eixo da historia xira en torno aos esforzos norteamericanos por deter este grupo, incluíndo incursións en Cuba, na Unión Soviética, Vietnam e outras localizacións.
Crítica As críticas foron en xeral positivas e mesmo brillantes, acadando en Metacritic un 81 para a versión de PChttp://www.metacritic.com/game/pc/call-of-duty-black-ops , un 87 para a versión de Xbox 360 http://www.metacritic.com/game/xbox-360/call-of-duty-black-ops, un 88 para a a versión de Playstation 3 http://www.metacritic.com/game/playstation-3/call-of-duty-black-ops e un 80 para a versión de Wii http://www.metacritic.com/game/wii/call-of-duty-black-ops.
Notas
Categoría:Call of Duty Categoría:Videoxogos de 2010 Categoría:Videoxogos de Activision Categoría:Videoxogos dun xogador e multixogador Categoría:Videoxogos de Nintendo DS Categoría:Videoxogos de OS X Categoría:Videoxogos de PlayStation 3 Categoría:Videoxogos de Square Enix Categoría:Videoxogos de Treyarch Categoría:Videoxogos de Wii Categoría:Videoxogos de Windows Categoría:Videoxogos de Xbox 360 Categoría:Videoxogos de zombis