Kamui Kobayashi, nado en Amagasaki (Xapón) 13 de setembro de 1986, é un piloto de Fórmula 1 que actualmente é o piloto do equipo Sauber, aínda que disputou algúns grandes premios co equipo Toyota.
Traxectoria
Kobayashi iniciou a súa traxectoria automobilística en 2003 na Fórmula Toyota do Xapón, onde finalizou en 2 ª posición, só superado por Kazuki Nakajima, o que lle permitiu que fose integrado no Toyota Young Drivers Program, estrutura formativa de novos pilotos de Toyota. Kobayashi foi enviado a Europa a disputar o campionato italiano da Fórmula Renault, onde o primeiro ano finalizou 4 º e o segundo alzouse co título italiano e europeo.
En 2006, tamén co apoio de Toyota, accede á Fórmula 3 europea, campionato no que finalizou en 8 ª posición, converténdose no debutante mellor clasificado. A finais de 2006 participou nos test de pretemporada da Fórmula 1 de Toyota F1, con todo, para a tempada 2007 seguiu á Fórmula 3 .
En 2008 foi nomeado piloto probador de Toyota F1, tarefa que continuou durante o 2009, aínda que a lesión do piloto titular Timo Glock propiciou que Kobayashi disputase os dous últimos grandes premios do campionato, o Gran Premio do Brasil onde finalizou en 9 ª posición e o Gran Premio de Abu Dhabi onde finalizou nunha meritoria 6 ª posición, sumando así os seus primeiros puntos na Fórmula 1.
Kamui Kobayashi impresionou no seu debut na F1 nas carreiras do Brasil e Abu Dhabi, polo que Toyota íalle a dar un volante para á tempada 2010. Pero tras a retirada da marca xaponesa, Kamui tivo que buscar equipo, sendo contratado por Sauber.
Regreso á Fórmula Un (2014 -) Caterham (2014) O 21 de xaneiro de 2014, confirmouse que Kobayashi regresaría á Fórmula Un co equipo Caterham F1 para a tempada , logo de moitas especulacións acerca de quen serían os pilotos para a nova tempada. O piloto sueco Marcus Ericsson será o seu compañeiro na nova formación.
Resultados completos na Fórmula 1
O texto en letra grosa indica pole position; o texto en cursiva, volta rápida.
Ano Escudería 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Posición Puntos 2009 Toyota AUS MAL CHN BAH ESP MON TUR GBR ALE HUN EUR BEL ITA SIN XPNPO BRA9 ABU6 18º 3 2010 BMW Sauber BAHRet AUSRet MALRet CHNRet ESP12 MONRet TUR10 CANRet EUR7 GBR6 ALE11 HUN9 BEL8 ITARet SINRet XPN7 RCO8 BRA10 ABU14 12º 32 2011 Sauber AUSDSC MAL7 CHN 10 TUR10 ESP10 MON5 CAN7 EUR16 GBRRet ALE9 HUN11 BEL12 ITARet SIN14 XPN13 RCO15 INDRet ABU10 BRA9 12º 30 Sauber AUS6 MALRet CHN10 BAH13 ESP5 MONRet CAN9 EURRet RU11 ALE4 HUN18† BEL13 ITA9 SIN13 XPN3 CORRet IND14 ABU6 USA14 BRA9 12º 60 Caterham F1 Team AUSRet MAL13 BAH15 CHN18 ESPRet MON13 CANRet AUT16 RU15 ALE16 HUNRet BEL ITA17 SINNTS XPN19 RUSRet USA BRA ABURet 22º 0
Notas
Categoría:Pilotos de Fórmula 1 do Xapón Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de BMW Sauber Categoría:Nados en Amagasaki