Ntare Guma Mbaho Mwine, nado en Nova Hampshire en maio de 1967, é un actor, dramaturgo, fotógrafo e documentalista estadounidense-ugandés.

Traxectoria Mwine naceu nos Estados Unidos de América nunha familia de ascendencia ugandesa. O seu pai era un avogado educado na Universidade de Harvard. Cando tiña sete anos, os seus pais sepáranse pero seguía pasando tempo co seu pai (que entón traballaba nas finanzas nos Estados Unidos, incluído un período no Banco Mundial en Washington DC) e coa súa nai (que regresou a África para ensinar psicoloxía na Universidade de Nairobi).

Mwine obtivo unha Mestría en Belas Artes pola Universidade de Nova York. Tamén estudou na Universidade de Virxinia, no Teatro das Artes de Moscova, e no Royal National Theatre de Londres. Estableceuse nos Ánxeles, e conseguiu o seu primeiro traballo profesional interpretando o papel de "Paul" en Six Degrees of Separation polo que recibiu un nomeamento o NAACP Image Award como Mellor Actor.

Aínda que ó longo da súa carreira como actor predominan os traballos en series de televisión (algunhas de moito éxito), tamén aparece en filmes como Diamante de sangue ou 40.

Filmografía Ano Título Personaxe Notas 2010-2011 Treme Jacques Jhoni Serie de televisión 2010 The Space Between Cameroon 2009 40 Godwill 2006-2009 Heroes Usutu / Joseph Al Amir Serie de televisión 2001-2008 CSI Tom Adler Serie de televisión 2002-2008 ER Paul Traylor Serie de televisión 2008 The Riches Maurice Devereaux Serie de televisión 2006 Sleeper Cell Yakubu Serie de televisión 2006 Diamante de sangue M'Ed 2006 The Unit Isaias Serie de televisión 2005 Alias Benjamin Masari Serie de televisión 2000 Perfect Murder, Perfect Town: JonBenét and the City of Boulder Det. Everett Filme de televisión 1999 Seven Days Cliff Serie de televisión 1998 Brimstone Detective Clemens Serie de televisión 1998 Desert Blue Axente Green 1997 Don King: Only in America Emisario Filme de televisión 1997 Clover Cuñado de Gaten Filme de televisión 1996 Law & Order Mark Davies Serie de televisión 1995 New York Undercover Serie de televisión

Véxase tamén

Ligazóns externas www.gumadesign.com

Categoría:Actores de Nova Hampshire Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados en Nova Hampshire Categoría:Estadounidenses de ascendencia ugandesa