X-Men: First Class é un filme estadounidense de superheroes dirixido por Matthew Vaughn que se estreou no 2011. Baseado nos personaxes de X-Men de Marvel Comics. O filme está ambientado en 1962 durante a Crise dos Mísiles Cubanos, e enfocado na relación entre Profesor X e Magneto e as orixes dos seus grupos, os X-Men e os Brotherhood of Mutants.
Sinopse Constitúe o comezo da saga dos X-Men. "X-Men: First Class" conta a historia previa á existencia dos mutantes, e antes dos protagonistas cambiaren os seus nomes polos de Profesor X e Magneto. Charles Xavier (James McAvoy) e Erik Lehnsherr (Michael Fassbender) eran dous mozos que ían descubrindo os seus poderes. Non había animadversión ningunha entre eles, senón que os unía unha sincera amizade e decidiron traballar xuntos para crear un grupo de mutantes coa finalidade de evitar o Armagedón nuclear. Foi entón cando se abriu unha enorme fenda entre eles e supuxo o comezo da eterna guerra entre a irmandade de Magneto e os X-Men do Profesor X.
Personaxes James McAvoy como Charles Xavier: Líder e fundador dos X-Men e un dos mellores amigos de Magneto ata que os conflitos de opinión crearon unha rivalidade entre eles e os seus equipos. Michael Fassbender como Erik Lensherr/Magneto: Líder e fundador da Brotherhood of Mutants. Rose Byrne como Moira MacTaggert: Unha axente da CIA e o interese amoroso de Charles Xavier. Kevin Bacon como Sebastian Shaw: Un científico e líder dunha sociedade secreta chamada Hellfire Club que intenta dominar o mundo. Shaw é un mutante que pode absorber a enerxía cinética utilizada contra el e empregala para incrementar a súa forza e velocidade. January Jones como Emma Frost/White Queen: Un telepata mutante que tamén pode cambiar o seu corpo en forma de diamante. É membro do Hellfire Club. Nicholas Hoult como Hank McCoy/Beast: Un xove ex-científico e activista político que se transformou nun mutante con temible aspecto. Jennifer Lawrence como Raven Darkholme/Mystique: Unha perigosa mutante metamorfa. Oliver Platt como The Man in Black: Un axente da CIA e líder da "División X", unha axencia do goberno que traballa cos X-Men. Ray Wise como O Secretario de Estado. Zoë Kravitz como Angel Salvadore/Tempest: Unha mutante con fisioloxía insectoide e saliva aceda. Caleb Landry Jones como Sean Cassidy/Banshee: Un mutante coa habilidade de controlar os seus extraordinarios berros e voos hipersónicos. Lucas Till como Alex Summers/Havok: Un mutante que ten a capacidade de absorber a enerxía e descargala en forma de explosións. Edi Gathegi como Armando Muñoz/Darwin: Un mutante co poder da "evolución reactiva". Jason Flemyng como Azazel: Un membro do Hellfire Club coa habilidade de teletransportarse. Álex González como Janos Quested/Riptide: Un mutante coa habilidade de crear poderosos remuíños dende as súas mans. Hugh Jackman como Logan/Wolverine: Fai un cameo nun bar. Rebecca Romijn como Raven Darkholme/Mystique: Fai un cameo interpretando a Mystique nunha versión adulta.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity Web Oficial
Categoría:Filmes baseados en Marvel Comics Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Matthew Vaughn Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de ciencia ficción e aventuras dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes de Pinewood Studios Categoría:Filmes rodados na Arxentina Categoría:Filmes rodados en Xeorxia, Estados Unidos de América Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes rodados en Inglaterra Categoría:Filmes rodados en Londres Categoría:Filmes rodados en Rusia Categoría:Filmes sobre vinganza Categoría:Filmes sobre a Guerra Fría Categoría:Filmes de historia alternativa dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de X-Men Categoría:Filmes ambientados en 1944 Categoría:Filmes ambientados en 1962 Categoría:Filmes ambientados en Miami Categoría:Filmes ambientados en Moscova Categoría:Filmes ambientados na Unión Soviética Categoría:Filmes ambientados na Arxentina Categoría:Filmes ambientados en Virxinia Categoría:Filmes ambientados en Cuba Categoría:Filmes ambientados en Washington, D.C. Categoría:Filmes ambientados en Suíza Categoría:Filmes ambientados en Polonia Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América