A 65.ª edición da Vuelta a España disputouse dende o 28 de agosto ata o 19 de setembro de 2010, cun percorrido total duns 3242 km entre as cidades de Sevilla e Madrid, repartidos en 21 tiradas.
Nesta edición os organizadores decidiron cambiar o "xersei ouro" que ata entón vestía o líder da clasificación xeral da carreira polo novo "maillot vermello".
O gañador da carreira foi o ciclista italiano Vincenzo Nibali, con 25 anos de idade, que viña de ser 3º na clasificación xeral do Giro de Italia. Segundo foi o galego Ezequiel Mosquera que disputou a vitoria ata a penúltima tirada (na que venceu), quedando na xeral a unha distancia de 41 segundos do líder. Non obstante, o galego deu positivo nunha análise antidopaxe, e actualmente aínda non se tomou unha decisión final sobre a súa expulsión da carreira. Se así fose, o eslovaco Peter Velits, que rematou a carreira na 3ª posición da clasificación xeral a máis de 3 minutos do líder, podería subir á 2ª posición.
Na 14ª tirada caeuse ó chan o que ata entón era o líder da Vuelta a España con 45 segundos de vantaxe, Igor Antón, que tivo que abandonar a carreira.
O gañador da clasificación por puntos foi o británico Mark Cavendish, que ademais acadou 3 vitorias parciais.
O gañador da clasificación da montaña foi o francés David Moncoutié.
Tiradas
Etapa Data Percorrido Km Gañador Líder 1.ª 28 de agosto Sevilla-Sevilla 13 (CRE) Team HTC-Columbia Mark Cavendish 2.ª 29 de agosto Alcalá de Guadaíra-Marbella 173,7 Yauheni Hutarovich Mark Cavendish 3.ª 30 de agosto Marbella-Málaga 16px|Etapa de media montaña 157,3 Philippe Gilbert Philippe Gilbert 4.ª 31 de agosto Málaga-Valdepeñas de Xaén 16px|Etapa de media montaña 183,8 Igor Antón Philippe Gilbert 5.ª 1 de setembro Guadix-Lorca 198,8 Tyler Farrar Philippe Gilbert 6.ª 2 de setembro Caravaca de la Cruz-Murcia 148,6 Thor Hushovd Philippe Gilbert 7.ª 3 de setembro Murcia-Orihuela 148,6 Alessandro Petacchi Philippe Gilbert 8.ª 4 de setembro Villena-Xorret de Catí 16px|Etapa de montaña 190 David Moncoutié Igor Antón 9.ª 5 de setembro Calp-Alcoi 16px|Etapa de media montaña 187,7 David López Igor Antón 10.ª 7 de setembro Tarragona-Vilanova i la Geltrú 175,7 Imanol Erviti Joaquim Rodríguez 11.ª 8 de setembro Vilanova i la Geltrú-Andorra 16px|Etapa de montaña 208,4 Igor Antón Igor Antón 12.ª 9 de setembro Andorra la Vella-Lleida 172,5 Mark Cavendish Igor Antón 13.ª 10 de setembro Rincón de Soto-Burgos 196 Mark Cavendish Igor Antón 14.ª 11 de setembro Burgos-Peña Cabarga 16px|Etapa de montaña 178 Joaquim Rodríguez Vincenzo Nibali 15.ª 12 de setembro Solares-Lagos de Covadonga 16px|Etapa de montaña 187,3 Carlos Barredo Vincenzo Nibali 16.ª 13 de setembro Xixón-Cotobello 16px|Etapa de montaña 181,4 Mikel Nieve Joaquim Rodríguez 17.ª 15 de setembro Peñafiel-Peñafiel 46 (CRI) Peter Velits Vincenzo Nibali 18.ª 16 de setembro Valladolid-Salamanca 148,7 Mark Cavendish Vincenzo Nibali 19.ª 17 de setembro Piedrahíta-Toledo 231,2 Philippe Gilbert Vincenzo Nibali 20.ª 18 de setembro San Martín de Valdeiglesias-Bola del Mundo 16px|Etapa de montaña 172,2 Ezequiel Mosquera Vincenzo Nibali 21.ª 19 de setembro San Sebastián de los Reyes-Madrid 85,2 Tyler Farrar Vincenzo Nibali Total 3.242,6
Clasificación xeral 255px|dereita|miniatura|Os tres primeiros da xeral (Nibali, Mosquera e Velits) brindando na chegada de Madrid. PosiciónCiclistaEquipoTempo 25px Vincenzo Nibali Liquigas 87h 18' 33"2 Ezequiel Mosquera Xacobeo Galicia + 41"3 Peter Velits HTC-Columbia + 3' 02"4 Joaquim Rodríguez Team Katusha + 4' 20"5 Frank Schleck Team Saxo Bank + 4' 43"6 Xavier Tondo Cervélo Test Team + 4' 52"7 Nicolas Roche Ag2r-La Mondiale + 5' 03"8 Carlos Sastre Cervélo Test Team + 6' 06"9 Tom Danielson Garmin-Transitions + 6' 16"10 Luis León Sánchez Caisse d'Epargne + 7' 42" Véxase tamén Outros artigos Vuelta a España Vincenzo Nibali Ezequiel Mosquera Ligazóns externas Vuelta a España 2010 en Marca.com Vuelta a España 2010 en RTVE.es Páxina oficial da Vuelta a España 2010
Categoría:Vuelta a España Categoría:Ciclismo en 2010